A USC desenvolve un algoritmo que contribúe a evitar apagadas
Un grupo de investigadores crea un novo método matemático que facilita a integración de enerxías renovables na rede eléctrica

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo, Jorge Mira, Xabier Prado, Francisco Gil Montoya e Jorge Ventura.
REDACCIÓN
A apagada sufrida en España hai escasos meses demostrou que, no actual contexto de transición enerxética cara a fontes renovables, a xestión da rede é de máxima prioridade. Neste escenario, un dos problemas é o tratamento da chamada corrente reactiva, un tipo de corrente eléctrica que non realiza traballo útil, pero que circula continuamente entre os equipos e as redes de subministración. Este tipo de corrente é inevitable pero tamén, fonte de perdas, ademais de limitar a capacidade da rede e afectar á calidade do subministro.
Coa intención de facer fronte a este desafío, investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Almería (UAL) acaban de crear un algoritmo que resolve o problema das distorsións harmónicas causadas por cargas non lineais, como as dos sistemas —chamados invertedores — que transforman a corrente continua que xera, por exemplo, un panel solar fotovoltaico ou certos sistemas eólicos, en corrente alterna. Este é un proceso imprescindible para que esa enerxía sexa aproveitable. Os devanditos invertedores fotovoltaicos e eólicos introducen o mesmo tipo de distorsións que o algoritmo permite compensar de forma óptima.
Os investigadores Xabier Prado e Jorge Mira, da área de Electromagnetismo da USC, pertencentes os dous ao Instituto de Materiais da institución compostelá (iMATUS), e Francisco Gil Montoya e Jorge Ventura, do departamento de Enxeñería da UAL, presentan os detalles deste novo algoritmo no artigo ‘Optimal reactive current compensation for smart grids using linear programming: A novel algorithm with theoretical and real-world data validation’, que acaba de publicarse na revista Sustainable Energy, Grids and Networks. O algoritmo foi validado con datos reais de instalacións industriais, demostrando a súa aplicabilidade práctica.
Superando métodos tradicionais
O problema abórdase desde unha perspectiva de programación lineal, unha técnica matemática sólida e que proporciona rapidez de cálculo, facéndoo computacionalmente eficiente. Así, chégase a un algoritmo novo que permite compensar de modo óptimo a corrente reactiva. A diferenza dos métodos tradicionais, explican, «o método proporciona valores de compensación fiables para diferentes escenarios de operación, nos cales a calidade da potencia e eficiencia de enerxía sexan cruciais». De feito, calcula a cantidade óptima de corrente reactiva a compensar en cada punto da rede, garantindo unha solución globalmente óptima. Ademais, redúcese o tempo de cálculo, «un factor clave para aplicacións en redes eléctricas en tempo real, e pode integrarse en sistemas de control xa existentes en redes intelixentes», sinalan.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago