Axenda cultural: Que facer hoxe, 5 de febreiro, en Santiago?

‘Iluminacións’, novo programa da Real Filharmonía de Galicia / ECG
‘Iluminacións’, novo programa da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia presenta hoxe (20.30 h., Auditorio de Galicia) Iluminacións, un programa que combina estrea absoluta, grandes fitos do repertorio clásico e a participación destacada do talento galego, cun especial protagonismo da frautista Silvia Rozas Ramallal. Baixo a dirección de Agata Zając, a orquestra compostelá propón un percorrido musical que conecta creación actual, clasicismo e neoclasicismo europeo.
O concerto ábrese coa estrea absoluta de Time painting, da compositora Helena Cánovas Parès, unha das voces máis singulares da creación actual no panorama europeo. A súa música caracterízase por unha refinada exploración do tempo, do xesto sonoro e da percepción auditiva, cunha escrita precisa e profundamente expresiva. Esta obra forma parte do proxecto Cometas, unha iniciativa que impulsa novas creacións e diálogos coa orquestra desde a contemporaneidade, consolidando o compromiso da RFG coa música do noso tempo.
Mostra de Àlvar Calvet na Igrexa da Universidade
A Igrexa da Universidade acolle a mostra Auga, lodo e capital, do artista visual, docente e activista afincado en Tarragona Àlvar Calvet, entre os días 5 de febreiro e 18 de marzo. A inauguración terá lugar hoxe ás 12.00 horas, presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias.

Mostra de Àlvar Calvet na Igrexa da Universidade / Cedida
Acto de presentación de ‘ Grial 248. Comunicación e novas tecnoloxías’
A libraría Couceiro, en Santiago, acolle hoxe, ás 19:30 horas,a presentación de Grial 248. Comunicación e novas tecnoloxías. Contará coa participación de María López Sández, directora da revista Grial; Henrique Monteagudo, presidente da RAG; e os coordinadores do Foro Comunicación e novas tecnoloxías, Llerena Perozo, escritora; e Víctor F. Freixanes, escritor, xornalista e editor; e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia. Para o monográfico, sección central do número, contouse, entre outros, con Manuel Gago, Silvia Vázquez Lorenz, María Yáñez Anllo ou Alberto Quian Pampín, que pecha o monográfico co traballo titulado Galicia: cara a unha nación dixitalmente soberana.

Henrique Monteagudo, presidente da RAG / ECG
Continúa o festival de Teatro Universitario
Durante toda a semana, o Salón Teatro acolle as representacións de diferentes compañías españolas e portuguesas que participan no Festival Internacional de Teatro Universitario de la USC. Hoxe ás 20.30 horas -con entrada gratuita previa recollida dos convites na billeteira que abre ás 19.00 horas-, o grupo de teatro y danza de la Universidad de Granada leva a escena a obra Santa Liberada, de Mario de la Torre.
- Los sindicatos deciden aplazar la huelga indefinida del transporte: el lunes continúan las negociaciones en Santiago
- Christian Gálvez: «Santiago es mi segunda casa y es parte de mi vida»
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- El compostelano Borja Iglesias se pronuncia sobre la discriminación: 'Mi objetivo era concienciar y ayudar
- Suspendida la huelga indefinida de buses en Santiago tras el principio de acuerdo entre patronal y sindicatos
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago