De regreso despois do Covid
‘Ler para crecer’, mergullarse no mundo da lectura
A XX campaña municipal xunto coa editorial Kalandraka é do 9 de febreiro ao 12 de marzo

Presentación da XX edición da Campaña Municipal de Animación á Lectura / CEDIDA

«Hoxe é un día feliz, porque retomamos un proxecto moi querido e demandado», comezaba así a súa intervención a concelleira de Educación, Míriam Louzao, para presentar a XX edición da Campaña Municipal de Animación á Lectura, que non se realizaba dende a interrupción do Covid. Baixo o lema ‘Ler para crecer’, esta iniciativa en colaboración coa editorial Kalandraka que procura o fomento do hábito lector vaise desenvolver entre o 9 de febreiro e o 12 de marzo e vai contar tamén coa colaboración de Afundación
A obra protagonista será a última gañadora do Premio Compostela para Álbums Ilustrados, Grande e pequena de Arianna Squilloni e Raquel Catalina, pero xunto a ela tamén se vai promover a lectura e se van expoñer as ilustracións que integran os seis anteriores premios Compostela: O can de Milu de Mariann Máray, Dende 1880 de Pietro Gottuso, Selva de Marina Gibert, Esperando o amencer de Fabiola Anchorena, A visita de Núria Figueras e Anna Font, e Bim Bam Bum de Maria Girón.
A campaña inclúe actividades formativas para educadores –algunha xa se celebrou–, sesións de contacontos e visitas guiadas á exposición de Afundación situada na Rúa do Vilar, no que no seu día foi a Casa do Pozo, e onde se van desenvolver tamén os obradoiros de ilustración e escrita creativa, a cargo de Xosé Cobas e Chisco Fernández Naval, respectivamente.
A intención desta campaña é ir máis alá da mera promoción da lectura entre os máis pequenos, sen contar que como indicou en rolda de prensa Manuela Rodríguez (de Kalandraka): «Un bo álbum ilustrado é o que é para todos, tamén para os máis pequenos». Así os obxectivos deste ‘Ler para crecer’ poñen tamén o foco na oralidade e na música e, por iso, en Afundación, ademais de expoñérense láminas auténticas dos libros que se promoven e elementos en 3D vinculados coa temática de cada conto, contarase coa presenza do artista compostelán Paco Nogueiras, que poñerá música e contos ás sesións ademais de facer visitas guiadas pola mostra.
«Un bo álbum ilustrado é o que é para todos, tamén para os máis pequenos»
Ademais da plástica, da creatividade e da memoria, a campaña quere promover o patrimonio material (a Casa do Pozo) e inmaterial (a oralidade) e máis alá das actividades para colexios está aberta ao público con sesións de contacontos para bebés –o 14 de febreiro, de 11.30 a 12.30 horas–, contacontos con música –o 21 e o 28 de febreiro ás 12h.– e unha sesión especial de contos en lingua de signos o 7 de marzo –ás 12 horas–.
Recoñecemento aos lectores
O Pazo de Raxoi acolleu no serán deste mércores o acto co que o Concello premiou os usuarios con máis préstamos ao longo do ano en cada un dos equipamentos da biblioteca José Saramago (Vite).
Pola súa entrega á lectura foron recoñecidas en infantil Elba Iglesias (Vite), André Forján (Conxo), Emma López (Fontiñas) e Tristán Martínez (Santa Marta). Na categoría adulta, foron distinguidas Elena Lloves (Vite), Silvia López (Conxo), María Inés Seoane (Fontiñas) e Pilar Lorenzo (Santa Marta). Ademais fíxose mención especial a usuarios recoñecidos como lectores do ano en exercicios anteriores: Hugo Rodríguez e Vega Rodríguez, en infantil; e Antón Segade, na categoría adulta.
A Biblioteca José Saramago da rede de Centros socioculturais realizou en 2025 máis de 16.500 préstamos, mil máis que un ano antes, e achegouse aos 7.000 carnés grazas ás altas de 370 novas usuarias.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles