Convenios
A cesión da parcela municipal á Fundación Andrea xa é realidade
Na Mercé de Conxo erixirase unha casa para dar acubillo a familias de nenos hospitalizados

Lestegás, Sanmartín, Barca e González na sinatura da cesión / ECG

O Concello de Santiago e a Fundación Andrea formalizaron onte a cesión da parcela da Praza da Mercé de Conxo para a construción de ‘A Casiña de Andrea’. Un local de aloxamento e acollida para familias con nenos que teñen doenzas que requiren hospitalizacións de longa duración. Na sinatura da cesión (por 30 anos prorrogables outros cinco) estiveron presentes a presidenta da fundación, Charo Barca, a alcaldesa Goretti Sanmartín, o edil de Urbanismo, Iago Lestegás, e o secretario municipal, José Manuel González.
Como mencionou na súa intervención Charo Barca, ‘A Casiña de Andrea’ vai estar ligada tamén á posta en funcionamento do Centro de Protonterapia, onde se prevé que os tratamentos pediátricos supoñan «un 80 ou 90% do total». «Será o centro de referencia para patoloxías que implican ingresos de longa estadía e van ser familias derivadas sobre todo no norte do Estado e tamén de Portugal. Estar dúas ou tres semanas acudindo de xeito ambulatorio, onde quedas?», explicaba Barca.
Así, este novo centro, para o que se acelera agora a solicitude de licenza de construción, contará cunhas 20 ou 25 habitacións familiares, mais non só, tamén haberá espazos de respiro familiar e para a realización de actividades.
Parcelas de Volta do Castro
A alcaldesa adiantou que nos vindeiros días tamén se oficializará a cesión de dúas parcelas á Xunta, en Volta do Castro, un pacto que sufriu demoras «non por falta de vontade política senón por requerimentos técnicos».
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Crónica social compostelana | Comida de extrabajadores de la desaparecida empresa Daviña