O prazo para o Compostela Concilia e Vacaludos ábrese este luns
As actividades están dirixidas a nenos de entre 3 e 12 anos

As actividades do Compostela Concilia e do Vacaludos desenvolveranse durante esta Semana Santa. / Cedida
Redacción
O prazo de inscrición para os programas Compostela Concilia e Vacaludos esta Semana Santa abriranse este luns. Ambas actividades, impulsadas polo Concello de Santiago a través do departamento de Educación, van dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos e pretenden facilitar a conciliación das familias compostelás durante este período non lectivo.
Compostela Concilia desenvolverá as súas actividades nos colexios Monte dos Postes e Cardeal Quiroga Palacios os días 30 e 31 de marzo, e o 1 e 6 de abril. Vacaludos o fará nas mesmas datas no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, en Fontiñas.
As familias interesadas teñen de prazo para inscribirse ata o próximo venres, 13 de febreiro, aínda que é necesario estar dado de alta previamente antes do luns. A información desta iniciativa está dispoñible no web municipal e do Espazo María Miramontes de Santiago.
Veciñanza de Santiago ou escolares nos colexios da cidade
As crianzas participantes terán que estar empadroadas no Concello de Santiago ou cursar estudos nos centros de educación infantil e primaria do municipio compostelá.
O programa Vacaludos é gratuíto e ten unha finalidade lúdica, socioeducativa, cívica, cultural e inclusiva, con recursos que inclúen espazos psicomotrices,áreas de xogo simbólicas e xogos multimedia.
Diferentes modalidades
Oferta un total de 73 prazas, 20 para criazas de 3 anos, 30 para as de entre 4 e 6 anos, e as 23 restantes para as de 7 a 12 anos.
A participación en Compostela Concilia ten un custo de 5,33 euros por día para as actividades, 1,67 para o almorzo e 5 euros para o comedor.
Pódese acceder a unha modalidade completa, que inclúe servizo de madrugadores con almorzo, actividades e comedor, cun horario de 07:45 a 16:00 horas.
O Concello contempla ademais unha redución de entre o 50 e o 100% para usuarios con escasos recursos.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas