Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Accións intencionadas

Muíños reclama a Raxoi medidas pola aparición de rodas pinchadas na Praza de Abastos

O concelleiro pide que se garanta a seguridade

Roda pinchada dun vehículo na Praza de Abastos de Santiago

Roda pinchada dun vehículo na Praza de Abastos de Santiago / Cedida

Santiago

O concelleiro non adscrito, Gonzalo Muíños, denunciou a aparición de varios vehículos e furgonetas de praceiros do Mercado de Abastos nas últimas semanas coas rodas pinchadas de forma intencionada. O edil criticou a "inacción" do goberno local ante uns feitos que cualifica de "graves" posto que "están a xerar prexuízos económicos, retrasos na actividade e unha gran sensación de indefensión".

Muíños asegura que el mesmo trasladou en privado á alcaldesa "hai quince días" esta situación e lle facilitou o contacto dalgún dos afectados: "Dúas semanas despois, nin se puxo en contacto nin tomou ningunha medida" critica. O portavoz dos non adscritos pide que se investiguen estes actos vandálicos e que se tomen medidas urxentes para garantir a seguridade na zona.

Encontros da veciñanza coa alcaldesa

Ademais, criticou que mentres isto sucede, a alcaldesa "presume de cumprir coa súa obriga máis básica que é escoitar da veciñanza", tendando converter "en excepcional algo que debería ser habitual", en referencia á recepción que tivo lugar o pasado xoves dalgunhas veciñas e veciños que solicitaron un encontro con Sanmartín. "Visto o que está a ocorrer na Praza de Abastos, queda claro que o habitual non é que a alcaldesa escoite e atenda aos veciños e veciñas", engadiu.

Tracking Pixel Contents