Xestión de residuos
A recollida de cartón nos comercios de Santiago superou as 600 toneladas en 2025
A cifra incrementouse un 146 % nos últimos cinco anos e hai case 500 locais adheridos

Campaña de sensibilización para a recollida de cartón nos comercios de Santiago / Cedida
A recollida selectiva de cartón nos comercios composteláns, levada a cabo a través da colaboración entre o Concello de Santiago e Coregal, vén experimentando un incremento sostido das cantidades xestionadas nos últimos cinco anos. Neste período, a recollida porta a porta experimentou un crecemento moi significativo, ao pasar de 246,31 toneladas en 2021 a 606,52 en 2025, o que supón máis do dobre de material recollido, en concreto unha subida do 146 %.
Esta evolución «reflicte unha maior implicación da cidadanía e, especialmente, do tecido empresarial e do comercio local, froito dunha concienciación crecente arredor dos hábitos de reciclaxe e do impacto positivo das campañas de sensibilización desenvolvidas», valora o goberno local.
Case 500 locais
O incremento no material recollido vén acompañado dun aumento progresivo dos establecementos adheridos ao servizo. Así, dos arredor dun centenar de locais comerciais que no ano 2021 facían uso do porta a porta, pasouse na actualidade a case 500 establecementos adheridos. Raxoi indica que este avance «está directamente relacionado co traballo de información e acompañamento realizado no tecido comercial da cidade», que incluíu neste último ano arredor de 1.000 visitas de sensibilización.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”