Axenda cultural: Que facer hoxe, 9 de febreiro, en Santiago?

'Absurdo' de Iván Prieto e Zësar Bahamonte / CEDIDA
'Absurdo' de Iván Prieto e Zësar Bahamonte na Dupla
A galería Dupla expón a obra de Iván Prieto e Zësar Bahamonte na mostra Absurdo, unha exposición cuxo trasfondo enlaza coa filosofía de Albert Camus, o sensentido da vida e a incesante búsqueda do significado do mundo por parte do ser humano. A galería está aberta de 11 a 14 e de 17 a 20 horas.
Luns do Ateneo: a fame no franquismo con Miguel del Arco
Ás 19.30 horas, o Ateneo de Santiago (Rúa do Vilar, 19) organiza en colaboración co Grupo Histagra da USC un novo Luns do Ateneo coa conferencia A fame silenciada do franquismo. A intervención é a cargo de Miguel Ángel del Arco, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Granada, que vai estar acompañado polo catedrático de Historia da USC, Ramón Villares. Unha reflexión sobre a fame como «unha das consecuencias máis duras e menos visibilizadas da posguerra franquista», así como sobre os mecanismos políticos, sociais e simbólicos que contribuíron ao seu silencio durante décadas. A partir da investigación histórica e do diálogo coa memoria colectiva, a conferencia analiza a relación entre represión, escaseza e control social no contexto do réxime franquista. A charla retransmitirase en directo a través da web ateneodesantiago.gal e na canle de YouTube do Ateneo.

Miguel Ángel del Arco, catedrático de Historia da Arte / CEDIDA
Lomarti e a súa ‘Cor irracional’ amósanse na Galería Metro
«Nunha busca constante e cambiante, trato sempre de exercitar os poderes creativos con propostas eclécticas moi variadas e ás veces enfrontadas, como se pode comprobar comparando as distintas mostras coas que me presentei na Galería Metro». Así fala o artista Lomarti que expón na sala que menciona unha compilación dos seus últimos traballos baixo o título Cor irracional. A obra de Lomarti, figura da arte contemporánea galega, creador multidisciplinar «que explora a escultura, a pintura, a instalación e a performance, fusionando técnicas e materiais diversos nun exercicio de liberdade expresiva», pode visitarse na galería de Xeneral Pardiñas, de 12 a 14 e de 17 a 20 horas.

Unha das salas da mostra de Lomarti na galería Metro / CEDIDA
‘Entroidanzas’ , con Pesdelán no Principal
O Teatro Principal acolle esta mañá dúas funcións da peza Entroidanzas da compañía de Pesdelán, destinada a escolares de 3º a 6º de Primaria (en horario de 10 e 12 horas). O espectáculo garda o espírito de que o carnaval se pode celebrar os 365 días do ano. Un show para «bailar cos folións en Ourense, ser corcovados italianos, cruzar o mar e converternos en demos en Lima ou mover os paraugas do Frevo no Brasil».
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas