Eleccións na USC
Nogueira defende unha «campaña das ideas» para fortalecer a USC

Alba Nogueira, candidata a reitora da USC / Antonio Hernández
A candidata á reitoría da USC, Alba Nogueira, avanzou que nos máis de 100 actos que mantivo cos diferentes colectivos está a percibir «a boa acollida da campaña das ideas para fortalecer a USC fronte á propaganda baleira de contido e subida de ton nas redes que demostra un estilo do que deberamos fuxir na universidade».
«No noso equipo estamos a pór en práctica o diálogo e o contraste do programa mediante encontros con colectivos da USC, con reparto de programas e dípticos informativos, usando o correo institucional que se puxo ao noso dispor para trasladar as nosas medidas concretas de acordo a un plan de campaña coherente coa responsabilidade e sentido institucional que require a nosa institución académica», sinalou.
Ao seu xuízo, isto contrasta «cos métodos de propaganda, inconsistencia e bandazos de discurso, que se modulan en función do momento e do público ao que se dirixen en cada momento». Así, engadiu que «o próximo xoves é momento de escoller entre continuísmo ou renovación. Nós non imos apartarnos do noso compromiso de facer unha campaña seria e responsable con ideas que van transformar a USC».
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas