Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Crise dos CSC

Raxoi suspende as actividades dos centros socioculturais dependentes da concesionaria Serviplus

A renuncia “inxustificada” de Eulen leva a situación dos CSC ao límite, á espera de que Os Ventos asuma, ou non, a concesión do novo contrato

El centro socicultiral ubicado en Santa Marta, este lunes 9 de febrero.

El centro socicultiral ubicado en Santa Marta, este lunes 9 de febrero. / Jesús Prieto

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago de Compostela

O edil de Centros Socioculturais (CSC), Xan Duro, compareceu este luns en rolda de prensa para informar dos pasos que está a dar o goberno local fronte á renuncia de Eulen a formalizar o novo contrato do servizo. Uns pasos que levan á convocatoria dunha xunta de goberno extraordinaria esta semana para “suspender a orde de continuidade” do contrato actual con Serviplus e que terá, entre outras consecuencias, a suspensión de actividades nos CSC.

O edil aínda non contaba na mañá do luns co dato de usuarios afectados, mais sábese moi numeroso, e en media ducia de CSC (como pode ser o de Sar) as únicas actividades que se realizan son as organizadas polo Concello. Outra consecuencia da renuncia de Eulen e da suspensión da orde de continuidade, e non menos importante, vai ser que os traballadores dos centros pasan ao desemprego. Pero Xan Duro quixo deixar claro que, unha vez se resolva a licitación, “este desemprego non afectará a que sexan subrogados pola nova adxudicataria”.

A complicación neste punto vén dada porque Os Ventos, a segunda licitadora por detrás de Eulen, é tamén a única opción, pois non hai máis empresas no concurso. A súa aceptación ou rexeitamento (isto último carrexará penalidades para a compañía) agarda Duro que se resolva estes días, pois segundo indicou xa houbo un primeiro contacto informal como tamén informou naquela altura a alcadesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e unha xuntanza formal este mesmo luns.

O edil quixo “pedir desculpas, perdoalmente e no nome do goberno local, ás persoas afectadas pola suspensión de actividades”. Xan Duro quixo explicar que o goberno local estaba tratando de «non agravar a situación das traballadoras, porque entendemos que é preferible que cobren a prestación por desemprego a que sigan acumulando nóminas impagadas».

O edil tamén recalcou, «sen quitar importancia ao feito de que un traballador non cobre a súa nómica, a situación na que quedaban os preto de 60 traballadores dos CSC, de cuxo cadro de persoal dependente de Serviplus menos metade estaban a traballar a xornada completa.

Interio del centro socicultiral ubicado en Santa Marta, este lunes 9 de febrero.

Interio del centro socicultiral ubicado en Santa Marta, este lunes 9 de febrero. / Jesús Prieto

“A decisión de Eulen non é imputables ao Concello”

Como xa dixera a pasada semana ante as peticións de dimisión feitas dende a oposición, Xan Duro, recalcou que “quen debe dimitir é o responsable de Eulen que decidiu renunciar ao contrato”. O concelleiro asegurou que “nada do exposto” por Eulen para a renuncia é imputable ao Concello á vista das avaliacións dos servizos técnicos e reiterou as palabras da alcaldesa a pasada semana sobre a “inxustificada e irresponsable” decisión de Eulen e aclarou que ningunha das razóns aducidas pola adxudicataria teñen sustento legal.

Sobre a asunción da débeda de Serviplus cos traballadores, Duro especificou que no momento da licitación, está “non era certa’, pois a legalidade establece que para iso haxa dúas nóminas impartidas. Sobre a denuncia sindical polo convenio colectivo aplicado, ademais de mencionar que é posterior á convocatoria do concurso, puxo o foco o edil en que está xudicializado pero non hai sentenza.

Penalidades a Eulen

Xan Duro reiterou que a decisión de Eulen de non asinar o contrato do que fora adxudicataria «é irresponsable e non está xustificada, e así o indican as primeiras análises técnicas que apuntan a que a falta de formalización do contrato é imputable á empresa». Neste sentido, o concelleiro referiuse aos dous argumentos da licitadora no seu escrito de renuncia: as nóminas que a actual empresa lle debe ao persoal, e a demanda interposta pola representación sindical das traballadoras para solicitar un cambio no convenio colectivo de aplicación no contrato.

No que ten que ver coas nóminas, Xan Duro explicou que «no nomento da licitación e durante o prazo de presentación de ofertas non existía débeda salarial certa, vencida e esixible por parte da empresa contratista saínte, porque os pregos en vigor sinalan que o atraso debía ser de máis de dúas nóminas».

Ademais, insistiu en que «o Concello de Santiago actuou conforme a dereito, activando os mecanismos previstos na Lei de Contratos e retendo as facturas pendentes á empresa para garantir o pago dos salarios por un importe de máis de 180.000 euros, unha cifra superior á débeda estimada por Eulen. O edil explicou que «nas reunións que mantivemos coa empresa ao longo do mes de xaneiro, despois da adxudicación do contrato informamos da situación das nóminas e tamén dos mecanismos activados para o seu pago e aclaramos que en ningún caso sería Eulen a que tería que facerse cargo do seu abono».

En canto ao procedemento xudicial iniciado pola representación sindical das traballadoras para reclamar que lles sexa aplicado o IV Convenio colectivo de eventos, servizos e produccións culturais de Galicia, e non o III Convenio colectivo do sector ocio e animación sociocultural que se contempla nos pregos e que é o que lle foi de aplicación ao persoal de centros socioculturais ata o de agora, tamén na anterior licitación, o concelleiro explicou que «os técnicos entenden que é unha demanda xudicial pendente de resolución, e polo tanto non é unha condición laboral firme e aplicable para determinar custos de persoal nos pregos».

Tracking Pixel Contents