Rosón pide «transparencia» na xestión da crise dos centros socioculturais
«Non solucionamos nada pedindo dimisións» apunta a edil non adscrita

Rosón e Muíños nunha reunión de finais do 2025 coa representación sindical dos centros socioculturais de Santiago / Cedida
A concelleira non adscrita, Mercedes Rosón, reclamou onte que se actúe con «transparencia» e con «responsabilidade» na crise aberta nos centros socioculturais, que se agravou a semana pasada ao producirse a renuncia de Eulen tras serlle adxudicado o lote principal do servizo. Rosón solicita ao goberno local tender pontes co segundo licitador do concurso, acompañar ao persoal neste proceso e asegurar as penalizacións necesarias á anterior adxudicataria para aboar as catro nóminas e a paga extra que teñen pendente os traballadores.
Rosón pediu tamén «altura de miras e responsabilidade» tanto ao goberno local como a oposición. «Non solucionamos nada pedindo dimisións» apuntou a edil non adscrita, que recalcou que «o primeiro é ofrecer alternativas e despois xa haberá tempo de pedir explicacións». Así, insta a «inspirarse na xenerosidade do persoal», que nos últimos días anunciou a súa disposición a retirar a denuncia presentada polos traballadores por non aplicarse o convenio de eventos en lugar do de ocio estatal, a cambio de que se negocie un propio.
Unha crise dilatada no tempo
Rosón, aínda que insiste en que non é momento de confrontación política, lembra que o proceso vén de longo e que as cousas «non se fixeron ben ata agora», prorrogando dúas veces á actual concesionaria, a pesar dos reiterados incumprimentos das condicións laborais dos traballadores e «dilatando en exceso» o proceso para a nova licitación. A concelleira non adscrita lembra que reclamou en decembro do 2024 que se axilizara o proceso, aínda que sen éxito.
«Está claro que se o servizo se licitara e adxudicar antes, non arrastraríamos todos os condicionantes que agora agravan a situación trala renuncia da nova adxudicataria», lamenta.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal