Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

8M

O Concello entregará oito recoñecementos pola achega feminista este 8M

A gala de premios ‘Mulleres de Compostela 2026’ terá lugar o 9 de marzo no Principal

As Fillas Bravas de Momán

As Fillas Bravas de Momán / Cedida

Santiago

O Consello Asesor de Condecoracións do Concello de Santiago vén de aprobar a lista de candidatas escollidas polo conxunto da Corporación municipal para recibir o premio ‘Mulleres de Compostela 2026’, co que recoñece a traxectoria persoal e profesional de mulleres naturais de Compostela ou que viven e desenvolven as súas tarefas profesionais na cidade, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Mulleres, o vindeiro 8 de marzo.

As dez mulleres premiadas corresponden con oito candidaturas, unha delas colectiva. Serán recoñecidas coa distinción 'Mulleres de Compostela' nunha gala que terá lugar o vindeiro 9 de marzo no Teatro Principal.

Mulleres de Compostela

A Corporación municipal recoñece este ano o valor de ‘As Fillas Bravas de Momán’ (as actrices Patricia de Lorenzo González, Mónica García Pérez e Arantza González Villar), a foniatra Clotilde Rodríguez Martul, a divulgadora Merche Espiño, a economista María Loureiro, a comerciante Luisa Ríos, a inspectora principal de Policía Local Diana Parente, a avogada Isabel Castillo e a directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas.

Tracking Pixel Contents