Bouza denuncia os atrasos no centro de saúde do Castiñeiriño
O secretario xeral do PSdeG sinalou que «a saturación da Atención Primaria está detrás dunha parte importante dos problemas asistenciales»

O secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza / Antonio Hernández
O deputado no Parlamento de Galicia e secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, anunciou que o Grupo Socialista levará á Cámara galega tanto a situación da sanidade pública na área compostelá, «marcada polo colapso das urxencias e polas dificultades crecentes para acceder á Atención Primaria, como o incumprimento do compromiso da Xunta coa creación do novo centro de saúde do Castiñeiriño».
Bouza sinalou que «a saturación da Atención Primaria está detrás dunha parte importante dos problemas asistenciais» e lembrou que, tal e como xa viña advertindo o PSdeG, «estes colapsos que se producían viñan gran parte producidos por unha atención primaria que estaba absolutamente saturada», insistindo en que «a situación non é nova e pode comprobarse a diario ao tentar solicitar unha cita médica en Compostela».
O dirixente socialista puxo «exemplos concretos da demora na atención» e advertiu de que «se simplemente precisamos unha receita tampouco temos cita nin telefónica ata o mes de marzo» e que «temos que esperar case un mes para que nos atenda a nosa médica de cabeceira», unha situación que cualificou de «absolutamente lamentable» e que, ao seu xuízo, responde a «unha cuestión de modelos».
Modelo
Segundo defendeu, «o modelo do Partido Popular está deteriorando progresivamente o sistema público e a súa política sanitaria", o que «deixa entrever» é «que quere que a cidadanía teña que verse abocada a acudir á sanidade privada», algo que considerou «absolutamente intolerable». Bouza advertiu ademais de que «non se pode xogar cos nosos dereitos. Non se pode xogar coa sanidade. Non se pode privatizar a sanidade pública».
Ademais, puxo en dúbida o compromiso real do Partido Popular co Castiñeiriño e a súa capacidade para facer valer ese proxecto ante a Xunta: «Onde está ese centro de saúde? Onde está a influencia do señor Verea coa Xunta?», preguntou.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Llegamos a tener más de 2.000 pares de zapatos»
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- La mediación para el convenio del transporte de viajeros se cierra sin acuerdo
- Santiago suspende por un año la conversión de edificios enteros en apartamentos turísticos entre las críticas de la oposición