O PP de Santiago denuncia a colocación de propaganda do BNG en sinais de tráfico
A concelleira Olaya Otero esixe ao goberno de Sanmartín que tramite as correspondentes sancións que poderían chegar ata os 10.000 euros

Carteles indicadores nas aforas de Santiago. / Xoán Álvarez
ECG
O Partido Popular de Santiago denuncia a colocación de carteis do BNG en varias sinais de tráfico nas entradas da cidade, unha actuación que califican de “ilegal e impropia de quen ten a responsabilidade de gobernar”.
A concelleira Olaya Otero afirmou que "non se pode utilizar unha sinal oficial de tráfico como soporte de propaganda partidista. As normas están para cumprilas, tamén para quen está no Goberno”.
Desde o PP lembran que a Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria prohibe expresamente a colocación de publicidade ou calquera elemento que poida afectar á visibilidade ou identificación das sinais viarias, podendo conlevar sanción administrativa e a obriga de reposición ao estado orixinal. Ademais, as ordenanzas municipais tamén contemplan sancións pola instalación de publicidade sen autorización e pola ocupación indebida do espazo público. Sancións que poderían chegar ata os 10.000 euros.
"Santiago merece un goberno serio, que cumpra a lei e que estea centrado na xestión. Máis traballo polos barrios e menos propaganda”
Para Otero, “o máis grave non é só o feito en si, senón o que simboliza: un Goberno do BNG e CA máis preocupado pola propaganda e pola ideoloxía que por resolver os problemas reais dos composteláns”.
O Partido Popular leva meses advertindo do deterioro da cidade. “O BNG e CA teñen a cidade paralizada: barrios abandonados, falta de mantemento, proxectos bloqueados e unha sensación xeral de desorde. Mentres Santiago sofre as consecuencias dun desgoberno evidente, eles están centrados en colocar propaganda partidista en sinais de tráfico”, declarou.
Con todo, a edil popular esixe ao goberno de Goretti Sanmartín que actúe con responsabilidade e tramite as correspondentes sancións ao BNG de Santiago, “sen privilexios nin dobre vara de medir”. “Santiago merece un goberno serio, que cumpra a lei e que estea centrado na xestión. Máis xestión e menos ideoloxía e sectarismo. Máis traballo polos barrios e menos propaganda”, concluíu.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Llegamos a tener más de 2.000 pares de zapatos»
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- La mediación para el convenio del transporte de viajeros se cierra sin acuerdo
- Santiago suspende por un año la conversión de edificios enteros en apartamentos turísticos entre las críticas de la oposición
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'