Verea presenta un plan con 25 medidas para «o futuro goberno do cambio»: inclúe a retirada dos radares de Conxo
O líder do PP de Santiago aposta polo derrubo da Casa da Xuventude para abrir definitivamente o Parque de Belvís

Borja Vera, líder del PP de Santiago, en Raxoi (Santiago). / Cedida
O líder do PP de Santiago, Borja Verea, aproveitou o Debate do Estado do Municipio para presentar o que definiu como «as trazas do futuro goberno do cambio», un conxunto de «25 medidas claras, concretas e de execución inmediata» coas que o Partido Popular aspira «a recuperar o pulso dunha cidade» que, ao seu xuízo, «hoxe está peor que en 2023». «Somos a única alternativa real e, polo tanto, temos tamén unha obriga institucional: mostrarlle á cidadanía como sería o noso goberno e cal é o proxecto de cidade que defendemos», afirmou Verea, quen reiterou dous compromisos inmediatos que marcarían o inicio do seu goberno: «O derrubo da Casa da Xuventude para abrir definitivamente o Parque de Belvís e a retirada inmediata dos radares de comiso de Conxo, sen máximas nin condicións». «Serán os meus dous primeiros decretos, con dúas ordes claras. Dous compromisos inmediatos e sen ambigüidades», indicou o portavoz do grupo municipal popular.
Ademais, en materia de vivenda, defendeu a necesidade de «incrementar a oferta de maneira urxente e eficaz». Apostou pola «creación dun Banco Público de Vivenda a través dun programa voluntario que permita mobilizar centos de pisos a prezos accesibles, pola modificación do planeamento para facilitar a construción e pola bonificación do IBI aos propietarios que destinen os seus inmobles a alugueiros de longa duración e prezos asumibles».
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”