Gastronomía
Arranca o XVII Santiago(é)Tapas con 76 propostas de 48 locais e moitos premios
Poderán degustarse en Compostela desde este xoves
É o único concurso de tapas de Galicia que conta cun itinerario apto para persoas celíacas

Presentación do Santiago(é)Tapas 2026, o pasado mes de xaneiro, no Mercado de Abastos de Santiago. / Jesús Prieto
Un total de 76 propostas, oito máis que en 2025, de 48 locais, seis máis que na edición anterior, poderán degustarse en Compostela desde o xoves 19 de febreiro, cando comece o XVII Santiago(é)Tapas, o concurso que organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña.
Estes locais están distribuídos en oito (é)Tapas que levan nomes dos Camiños de Santiago. Ademais, establecéronse tres rutas de interese especial: doce, vexetariana e sen glute. Cabe destacar que este é o único concurso de tapas de Galicia que conta cun itinerario apto para persoas celíacas, avalado pola Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA).
As oito rutas ou (é)Tapas nas que se distribúen os participantes son as seguintes: Camiño Inglés (Pico de Galo / A Porta Verde / O Testo / Entreportas / A Carrilana / La Culpable), Camiño Primitivo (A Fuego Lento / Suso / O’Flanagan’s / Redes / Nómade / Vilar 64 / Los Caracoles), Vía da Prata (O Sendeiro / Quitapenas / Mercedes / Beher / A Ostrería), Camiño de Inverno (Vitela / Xuntanza / Mori / Sindueña / Sessanta & Novanta / El Muelle / Cacao), Camiño Portugués (A Vaquiña / Bodeguilla de Santa Marta / Artesana / La Planta / El Estudio), Camiño Francés (Oca Puerta del Camino / Bodeguilla de San Lázaro / O Afiador / Arauxa / Atahualpa), Camiño Fisterra-Muxía (El Rincón de Yobeida / As Margaritas / El Cártel de Mawey / La Morena / A Lareira / Marte) e Camiño do Norte (Avenida 213 / A Maceta / Black Cat / A Moa / Casas Chico / Orixe / A Medusa).
Agasallos para o público
Aquelas persoas que completen estas rutas ou (é)TAPAS no Tapasporte poderán gañar diversos premios, tales como agasallos especiais de Turismo de Santiago ligados a Compostela, produtos galegos de calidade diferenciada procedentes de DOP, IXP, Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria, de AGACAL; botellas de viño Ponte da Boga, cervexas Estrella Galicia ou lotes de Café Dromedario e ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia); entre outros regalos que se comunicarán nos vindeiros días.
Ademais, entre todas aquelas persoas que voten polas súas tapas favoritas a través dos QR que atoparán nos locais participantes, sortearase unha estadía de dúas noites con almorzo no Hotel Gaio 7 en Santiago, cortesía de Vimbio.
O Tapasporte poderá recollerse desde o día de inicio do concurso na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63) en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo; e tamén en todos os locais participantes.
Ata o 8 de marzo
O XVII Santiago(é)Tapas celebrarase do 19 de febreiro ao 8 de marzo. Organizado e promovido por Turismo de Santiago e encadrado dentro da marca “Compostela Gastronómica”, o concurso conta co apoio da Deputación da Coruña e ten como patrocinador principal á empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Tamén colaboran a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, a Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA), o CIFP Compostela, Allwork e Vimbio.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal