Verea destaca a labor dos servizos sociais de Santiago: "Hai que traballar na prevención durante a infancia e a xuventude"
O líder popular, xunto coas concelleiras Otero e Barcia, mantivo un encontro con membros do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

Verea, Otero e Barcia durante o encontro con membros do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. / Cedida
L.R.
Co obxectivo de coñecer e analizar o traballo das persoas que desenvolven a súa labor no ámbito dos servizos sociais municipais e cales son as súas principais necesidades e desafíos, o presidente do PP de Santiago, Borja Verea, acompañado das concelleiras Yolanda Otero e Nerea Barcia, mantivo unha reunión coa presidenta e a secretaria do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), así como co coordinador do colexio, David Gontán.
Verea subliñou que “este servizo necesita de todos os apoios que sexan posibles para que realicen o seu traballo coa maior eficiencia posible", tendo en conta, segundo lembrou, que traballan con persoas que están en situación de vulnerabilidade.
Para o popular, neste eido é "imprescindible" levar a cabo o traballo cunha "boa planificación, coordinación transversal e fomento da participación social, ademais de contar coa intervención social como piar fundamental en tres campos: a infancia, a xuventude e a dependencia”.
O líder popular destacou, asimesmo, “a importancia de traballar na prevención durante a infancia e a xuventude e na prestación de servizos de proximidade no ámbito da dependencia", destacando servizos como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e Xantar na casa.
Durante a reunión fíxose especial fincapé no SAF, nun servizo municipal de proximidade de especial relevancia, que verá incrementada a súa financiación tras o recente acordo asinado entre a FEGAMP e a Xunta de Galicia, "a pesar das críticas do goberno de BNG e CA".
No transcurso desta xuntanza, os populares puideron coñecer a "significativa" labor que se está a desenvolver, dende este organismo, no eido dos servizos sociais municipais nos casos de senfogarismo.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”