Entroido en Santiago
A comparsa de Maruxas e Coralias enche Compostela de cor
A choiva non impediu unha das citas máis emblemáticas do Entroido compostelán

A comparsa de Maruxas e Coralias enche Compostela de cor / Antonio Hernández
O Luns de Entroido arrancou en Compostela, pese á choiva que non abandona a cidade e fíxoo con dous desfiles: o da charanga TNT e os Armatroulas de Laraño e o da fanfarria Furruxa e a comparsa de Maruxas e Coralias. Esta última saiu da Praza Salvador Parga e percorreu varias rúas da cidade histórica con parada na Alameda até chegar, de novo, á mesma praza, na que se sitúa o Centro sociocultural que leva o nome das Marías.
A comparsa de Maruxas e Coralias, en homenaxe ás irmáns Fandiño (vítimas da represión franquista e personaxes fundamentais da historia compostelá), rematou cunha degustación de chocolate con churros.
Dende a Praza Roxa saían TNT e os Armatroulas, percorrendo varias rúas do Ensanche (República do Salvador, Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia e A Senra) para adentrarse na tamén na zona vella e levar a música polo Toural, Praterías e Cervantes, até chegar á rúa de San Pedro.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Llegamos a tener más de 2.000 pares de zapatos»
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- La mediación para el convenio del transporte de viajeros se cierra sin acuerdo
- Santiago suspende por un año la conversión de edificios enteros en apartamentos turísticos entre las críticas de la oposición
