Unha “raíña do chichinabo”, a alcaldesa recolle a luva de Verea un Entroido máis
Goretti Sanmartín e os edís do BNG disfrázanse con camisolas co lema: “I love chichinabo”, recollendo a crítica do líder popular á política turística do Bipartito

Os edís do BNG e a alcaldesa Sanmartín disfrázanse de "chichinabo", como cualifica Verea as políticas locais sobre turismo. / Cedida

Chichinabo non o recolle o dicionario da Real Academia Galega, pero si a RAE (a academia da lingua española), como locución adxectival de carácter coloquial, mestura de chicha e nabo, para referirse a cousas de pouca importancia ou desprezables.
Así se referiu o pasado setembro o líder da oposición en Raxoi, o popular Borja Verea, ás políticas turísticas do goberno local. E nada máis quixo saber a alcaldesa, Goretti Sanmartín, que dende que ostenta o bastón de mando do Concello de Santiago nos deleita cada Entroido cun disfraz (en realidade con varios cada Carnaval).
“Raíña do chichinabo”, así se presentou este luns na sala de prensa do Pazo de Raxoi, acompañada polos concelleiros Xesús Domínguez, Pilar Lueiro e Míriam Louzao, a única esta última que tiña rolda de prensa para dar conta dos asuntos aprobados pola xunta de goberno do Luns de Entroido.
A pesar de que os últimos plenos da Corporación, incluído o celebrado o xoves pasado (o Debate sobre o Estado Municipio), son broncos e de mal talante en termos xerais, se cadra non hai tan mala sintonía entre a rexedora e o líder da oposición, ou si. O primeiro disfraz do BNG no goberno local facía referencia ao “sultanato”, como Verea cualificou o Bipartito, e o segundo foi o “gorettariado”, sempre en alusión a comentarios do líder da oposición sobre o número de “altos cargos e asesores” do executivo de Sanmartín.
Desta volta recóllese a crítica sobre as medidas locais en materia de turismo, logo de que na recente edición de Fitur (Feira Internacional de Turismo) Borja Verea ze reunise co sector hostaleiro nunha manobra que a edil de Turismo, Míriam Louzao, criticou por ir contra Compostela. O Entroido non fixo máis que comezar, quedan moitos disfraces que lucir pola alcaldesa, veremos que sorpresas nos garda o resto da Corporación local.
Martes de Carnaval
O programa de hoxe é un dos principais das festas, pois é Martes de Entroido, o día do desfile, que comeza ás 17.30 horas, con punto de encontro da Avenida de Ferrol. Dende alí carrozas, comparsas e charangas percorren o Ensanche (rúas de Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e Avenida de Xoán Carlos I) para culminar a festa na Sala Capitol coa entrega de premios ás 21 horas.
A charanga Ardores pon a música a premios de 2.000 euros para a mellor carroza, 1.600 para a mellor comparsa, 700 para o mellor grupo e 300 para a mellor parella e o mellor disfrace individual. As comparsas de parroquias compostelás optan a 1.600 euros e a 500 os centros educativos do Concello de Santiago.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”