Axenda cultural: Que facer hoxe, 17 de febreiro en Santiago?

Vintedúas comparsas e dez carrozas: Santiago celebra o día grande do seu Entroido / Antonio Hernández
Desfile de Entroido con premios para os mellores disfraces
FESTAS. Chega o gran desfile de Entroido, unha das citas máis agardadas desta festa en Compostela. A partir das 17.30 horas a comitiva partirá da avenida de Ferrol e continuará por Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, rúa da República do Salvador, rúa do Hórreo e rúa da Senra para rematar na avenida de Xoán Carlos I. Unha vez rematado o percorrido, as persoas participantes concentraranse na Sala Capitol, onde a partir das 20.00 horas terá lugar a actuación da charanga Ardores, e, posteriormente, ás 21.00 horas, a entrega dos premios aos mellores disfraces, carrozas e comparsas. Entre as novidades deste ano, destaca a suba da contía dos premios, que pasan de 14.000 a 16.000 euros en total. O maior incremento dáse nas comparsas, que por primeira vez equiparan os primeiros premios das de Santiago ás que veñen chegadas doutros lugares. Tamén é nova este ano a creación dunha categoría para recoñecer os disfraces dos centros de ensino.

Mostra dos Xenerais da Ulla en Área Central / Cedida
Os Xenerais da Ulla, presentes en Área Central
O Outlet Área Central acolle ata o domingo 22 unha mostra fotográfica sobre Os Xenerais da Ulla. A exposición recolle como se vive ese Entroido tradicional en diferentes localidades e está es promovida polos concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Algunhas das pezas de Asorey que poden contemplarse na mostra / Antonio Hernández
A Cidade da Cultura pon en valor a figura de Francisco Asorey
ESCULTURA. A exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria afonda desde unha óptica contemporánea no complexo mundo creativo do seguramente máis destacado escultor de Galicia e un dos renovadores da arte escultórica española do século XX. O proxecto inclúese na programación do Museo Centro Gaiás, dando continuidade a unha liña de traballo da Cidade da Cultura na reivindicación de personalidades imprescindibles na historia da arte contemporánea galega. Comisariada por Miguel Fernández-Cid e coordinada por Carmen Asorey, reúne unha selección das obras máis importantes do escultor. Pode visitarse de martes a domingo de 10h a 20h no terceiro andar do museo.
Mostra de Diana Fajardo en Fonseca
FOTOGRAFÍA. A USC vén de inaugurar no Colexio de Fonseca a mostra Virando o rosa, da fotógrafa Diana Fajardo Rama. A exposición enmárcase na celebración do 8M e aborda a atención ás mulleres diagnosticadas de cancro dende unha perspectiva de xénero. O obxectivo é superar imaxes como o lazo ou o pano rosa que ocultan outras realidades. Pode visitarse ata o 4 de marzo de luns a venres, de 11h a 14h e de 17h a 20.30h.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja