Verea acusa ao BNG de poñer en risco O Son do Camiño: "Pretenden que marche para Ferrol ou A Coruña?"
O líder do PP de Santiago critica que os nacionalistas atacasen o festival nunha intervanción no Parlamento diante do director xeral de Turismo

Público en una anterior edición de O Son do Camiño en Monte do Gozo. / ECG
L.R.
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, denunciou no Parlamento de Galicia que o BNG compostelán “está a cuestionar e a atacar publicamente a celebración do Son do Camiño ata o punto de dar a entender que non o queren en Santiago”.
Borja Verea criticou que os nacionalistas, a través da deputada Saleta Chao, atacasen o festival nunha intervención no Parlamento diante do director xeral de Turismo, algo que cualificou de “irresponsabilidade absoluta”. “Se non queren O Son do Camiño en Santiago, que o digan claramente. Que expliquen se o que pretenden é que marche para Ferrol, A Coruña, ou para calquera outra cidade galega”, manifestou.
Para o popular, "O Son do Camiño sitúanos no mapa internacional como unha cidade aberta, moderna e dinámica. É un evento que proxecta Santiago ao mundo e que nos posiciona como capital cultural e musical. O modelo do BNG é xusto o contrario: pecharse, poñer límites e dicir non a todo”, afirmou.
Verea lembrou que, ademais da súa dimensión cultural e internacional, o festival ten un impacto directo na economía local. “Nun momento no que coñecemos datos preocupantes, cunha caída do 12% na facturación hoteleira no primeiro trimestre e reservas un 7% por debaixo do ano pasado no segundo trimestre, os propios profesionais recoñecen que os días do Son do Camiño son os que están a salvar parcialmente a tempada”.
Santiago, do top 10 de cidades receptoras de congresos ao posto 35
Para Verea, “é unha contradición evidente atacar o que funciona mentres os datos empeoran”. Recordou tamén que Santiago pasou en dous anos do top 10 de cidades receptoras de congresos ao posto 35, “froito dun modelo turístico errático e ideoloxizado”.
“O BNG ten que decidir se está do lado da cidade, da súa proxección internacional e do emprego, ou se prefire seguir instalado no non permanente. Santiago non pode permitirse un goberno que cuestiona incluso os eventos que a sitúan no mundo”, concluíu.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”