PROTESTAS VECIÑAIS
O conflito da antena de Aríns irá a pleno da man do PSOE
Critican a "falta de anticipación e de xestión política" do goberno local, ao que instan a "abrir inmediatamente o diálogo"

A veciñanza de Aríns mobilizouse nos últimos días contra a colocacións desta torreta / Jesús Prieto
A pasada semana a veciñanza da parroquia de Aríns mobilizábase contra a instalación dunha antena de telecomunicacións por parte dunha empresa privada, nunha finca situada a menos de 100 metros dalgunhas vivendas. Agora, o grupo municipal socialista vén de anunciar que levará ao pleno de febreiro unha proposición vinculada con esta colocación da torreta.
Para os socialistas este conflito evidencia "unha falla de anticipación e de xestión política por parte do goberno de Sanmartín", en palabras de Marta Abal. A edil critica a forma na que se produciu a implantación, "dun día para outro, sen que ninguén avisase atopáronse as veciñas e veciños con que estaba instalada". Algo que xa denunciaba en EL CORREO GALLEGO un dos veciños afectados, Javier Loira: "No es la ubicación más idónea, creemos que se nos tenía que haber consultado y desde nuestro punto de vista no cumple con lo que exige la normativa municipal».
Dende o grupo municipal socialista destacan que a finca na que se sitúa a antena -de 30 metros de altura- "limita a 70 metros con algunhas vivendas e a 30 co cerramento das súas parcelas". Pese a que dita instalación conte con permisos municipais, Abal advirte de que o Concello de Santiago ten "responsabilidade política e obriga de actuar con previsión".
A concelleira asegura que este expediente "estaba aberto e en tramitación desde finais de 2023 e contaba con informes municipais desde principios de 2024", polo que considera que existía marxe suficiente para intervir antes de que a torre estivese instalada. Nese sentido, criticou que “o Concello non negociou coa empresa a instalación en localizacións alternativas”, pese a existiren dúas opcións á vista dos informes técnicos.
Un goberno local "reactivo"
Para o grupo socialista, o sucedido en Aríns revela unha forma de gobernar "reactiva, que actúa cando o conflito xa é público, en lugar de mediar previamente". Abal sostivo que “o goberno tan pronto ten coñecemento dun expediente desta tipoloxía debe abrir un proceso de diálogo coas empresas antes de que o conflito estale como está a pasar agora”.
Na proposición, o PSOE insta o goberno municipal "a abrir de inmediato un proceso de diálogo coa operadora para analizar as localizacións alternativas e minimizar a afección ás vivendas próximas", ao tempo que reclaman mellorar a comunicación coas parroquias e barrios implicados, e piden que se garanta que as veciñas e veciños coñezan "con antelación suficiente as solicitudes destas operadoras para poder anticiparse ás súas pretensións”.
O texto inclúe tamén medidas estruturais, como a elaboración dun estudo técnico de planificación preventiva, ao abeiro da ordenanza municipal vixente, que identifique emprazamentos idóneos no termo municipal priorizando a menor afección ás zonas residenciais, o menor impacto paisaxístico e o posible uso compartido de infraestruturas existentes, así como a revisión da actual ordenanza de telecomunicacións.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”