ESTADO VIARIOS
O PP denuncia deficiencias nas obras de Vilamaior
Reclaman da empresa contratista que "só en parte foron subsanadas" as deficiencias das actuacións

O PP de Santiago denuncia o resultado das obras en Vilamaior (Sabugueira) / CEDIDA
O edil do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, vén de denunciar mediante nota de prensa as deficiencias nas obras realizadas no lugar de Vilamaior (parroquia de Sabugueira), logo de comprobar "in situ" o estado da pavimentación logo dunhas actuacións incluídas no Plan provincial de Cooperación coñecido como POS. O concelleiro acompañou os veciños para comprobar "as numerosas deficiencias que só en parte foron subsanadas pola empresa contratista".
De la Fuente advirte que estas "deficiencias son facilmente comprobables a simple vista, un día de choiva a pendente leva, claramente, as augas pluviais á entrada das vivendas e propiedades dos veciños, problema que antes non tiñan e que, nalgún caso, tiveron que solucionar polos seus propios medios”. O concelleiro popular recalca que "os fallos están provocando que moitas fincas se asolaguen facilmente por pouco que chova, hai sitios polos que non se pode transitar polas pozas xeradas pola deficiente planificación e execución das obras”.
O PP critica tamén que non se deixou "debidamente habilitado o acceso que si tiñan antes garantido, nalgunhas parcelas si se deixaron accesos adecuados, pero noutros deixaron simplemente terra". De la Fuente puxo o foco en que "avisou" o goberno local e os representantes da empresa "en varias ocasións, pero os nacionalistas fan oídos xordos e néganse a afrontar unha solución”.
Para o concelleiro, cómpre que “o goberno nacionalista resolva esta situación, porque non é de recibo que, logo de facer unha intervención que tiña por obxecto mellorar os accesos ao núcleo de Vilamaior, moitos teñan agora peor mobilidade que antes”.
"Pouca ambición"
Segundo explicou o concelleiro José Ramón de la Fuente, dende a bancada popular laméntase "a escasa ambición do proxecto de obras, que se limitaron só a recuperar o acabado do firme actual, sen modificar dimensións, nin rasantes, quedando algún vial de moito tránsito cun ancho que, a pesar de ser de dobre sentido, non permite a circulación de dous automóbiles a un tempo, unha magoa que non se aproveitara para anchear a estrada, xa que haberá que facer esas obras antes ou despois”.
De la Fuente insistiulle ao goberno nacionalista que “atenda as peticións dos veciños e ordene arranxar as deficiencias denunciadas”.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Llegamos a tener más de 2.000 pares de zapatos»
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- La mediación para el convenio del transporte de viajeros se cierra sin acuerdo
- Santiago suspende por un año la conversión de edificios enteros en apartamentos turísticos entre las críticas de la oposición