Santa Isabel estrea accesos, eficiencia e vistas á Catedral tras unha obra de 2,6 millóns
A reforma do complexo deportivo acaba de rematar e abrirá ao público nas próximas semanas, segundo adiantou a alcaldesa

Os edís Xesús Domínguez e Pilar Lueiro e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, con varios operarios no interior do pavillón de Santa Isabel / ECG

A reforma para a transformación do complexo deportivo de Santa Isabel vén de rematar tras un investimento de 2,6 millóns e uns traballos que se exectutaron durante os últimos nove meses. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e os edís de Obras e Deportes, Xesús Domínguez e Pilar Lueiro, visitaron este mércores as instalacións, onde confirmaron que nas próximas semanas quedará todo listo para a apertura ao público.
A falta de completar algúns traballos de pintado e limpeza, e da retirada de materiais e maquinaria, o complexo deportivo loce xa unha nova entrada cara a Rúa do Morón que o comunica coa cidade e que o dota dunhas vistas á Catedral desde unha fachada que antes era opaca e agora dispón dunha gran cristaleira coa que tamén se procura que haxa unha percepción desde fóra do que pasa dentro.
Esta entrada dispón dunha escalinata, non só para abrir o pavillón e facer un novo paso para o público, senón para a mellora da accesibilidade de todo o conxunto. Habilitouse ademais unha nova planta e un ascensor que conecta todos os niveis do edificio. As melloras de acceso complétanse cunha rampla situada no lateral da rúa de Tras Santa Isabel, pola que poderán transitar as persoas con mobilidade reducida e que permite chegar directamente ao novo ascensor. Ambas instalacións inclúen tamén vestiarios e aseos adaptados.
Eficiencia enerxética e conservación
A reforma centrouse tamén na eficiencia enerxética, cun cambio da envolvente e a renovación das cubertas tanto do pavillón como da piscina, coa renovación do illamento e a optimización dos materiais. Asemade, mudáronse as carpinterías, as ventás e mesmo os peches nalgúns puntos. Na piscina modificouse por completo a climatización cunha nova deshumectadora e a substitución de diferentes elementos internos.
Outro apartado relevante foi o da conservación, representada no lixado e pintado da estrutura metálica que sostén a cuberta do pavillón ou na reposición do revestimento da piscina. A actuación contou cunha subvención do Goberno central de 2,3 millóns correspondente ao Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios (Pirep), financiado con fondos europeos.

Xesús Domínguez, Goretti Sanmartín e Pilar Lueiro na entrada do complexo deportivo de Santa Isabel / ECG
“Un antes e un despois”
Sanmartín sinalou que se trata dunha “obra moi imporante, cun investimento moi relevante que vai significar un antes e un despois”. A alcaldesa declarouse “moi satisfeita de ver esta obra rematada”.
Do mesmo xeito, puxo en valor que as obras permiten unha maior integración do pavillón co resto da cidade, de maneira que a praza da porta principal agora é unha entrada cun espazo diáfano. “Imos gañar unha praza pública con máis movemento, socialización e vitalidade dentro do que é o tecido urbano”, destacou.
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Crónica social compostelana | Comida de extrabajadores de la desaparecida empresa Daviña