Así é 'AMORRER' de 9Louro: o álbum que o artista de Muros vai presentar en directo cun 'sold out' na Sala Capitol
Tras encher a Igrexa da Universidade o pasado novembro ou agotar entradas nunha hora para o seu concerto en Santiago, o xoven artista muradán acaba de lanzar o seu novo traballo

O muradán 9Louro presenta o seu último álbum, AMORRER / Instagram

A finais do pasado mes de novembro, a zona vella de Santiago presentaba unha estampa do máis chamativa: unha cola quilométrica de xóvenes que se abarrotaban arredor da Igrexa da Universidade de Santiago e, a pesar de tratarse dun xoves universitario, a razón non era esa.
As longas colas, que chegaban ata a Caldeirería, explicabanse polo concerto que o muradán 9Louro (Louro, Muros, 2004) daba en dita Igrexa dentro do programa do Outono Cultural da USC. Unha cita que superou todas expectativas iniciais e que deixou a centos de mozos fóra da Igrexa sen poder disfrutar do show.
Dende o lanzamento do seu primeiro LP, Nove Noves (publicado a finais do 2024), Martín Louro non deixa de ganar adeptos co seu estilo propio, especialmente entre a xente nova, ata consolidado como un dos artistas galegos máis prometedores do panorama musical actual.
Da Igrexa da Universidade á Capitol
Un éxito que volveu quedar patente a comezos deste mes de febreiro cando anunciou un concerto para o 19 de marzo na Sala Capitol. Unha cita, presentada baixo o nome de A Nuite Dos Non Mortos, para a que se agotaron todas as entradas en menos dunha hora.
Neste primeiro concerto de 9Louro na Sala Capitol, o artista presentará por primeira vez en directo o seu último proxecto, AMORRER, un álbum que acaba de ver a luz este xoves e que xa conta nas primeiras horas con centos de visualizacións nas principais plataformas dixitais.
Novo traballo
Este novo traballo de 9Louro está composto por 14 temas, con colaboracións con ata outros cinco artistas galegos: West Srk, Lil Chachi (Xanma Louro, irmán do artista e membro de The Rapants), Chris Indian, Ortiga e Dirty Suc. Precisamente no concerto deste último en Santiago o pasado 5 de febreiro, 9Louro subiu por primeira vez ao escenario da Capitol para deleitar ao público con Que Fago Agora tema conxunto co artista vigués.

Anxo Bentrón
Xunto a Pelijroso, Estaremos Mortos (segundo tema de 9Louro con seu irmán), Cando sea e Nin me emosiono, os catro adiantos do disco, AMORRER está composto tamén por Invernos, Acabamos mal, Invensible (ft. West Srk), Un silensio, Volver a naser (ft. Dirty Suc), Tal ves, Vieta, Non se para (ft. Chris Indian), Veráns (ft. Ortiga) e Fíos, todos coa colaboración de Yuli na faceta de produtor.
Estilo propio
En AMORRER, 9Louro volve mostrar o seu estilo propio, con temas emocionais cheos de sentimentos, con referencias á súa terra e coa súa característica variedade rítmica: cunha aposta que mestura trap, electrónica, afro ou incluso ritmos máis latinos.
Agora, tras a presentación deste novo traballo, o seguinte paso está claro: o 19 de marzo na Sala Capitol, onde 9Louro volverá a tocar en Santiago por todo o alto e con novo repertorio.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”