Contra o desemprego
Raxoi pon en marcha o programa Minerva: 3 millóns de euros para 60 itinerarios formativos

Oficina de empleo de Santiago-centro en la calle Ramón Piñeiro / Xoán Álvarez
Ponse en marcha o Programa Minerva do Concello de Santiago para a formación das persoas desempregadas. A través do departamento de Emprego dáse inicio ao proceso de selección de participantes nos 60 itinerarios formativos, para os que se van investir tres millóns de euros, dos que 1,8 millóns proceden do Fondo Social Europeo Plus, e así o anunciou en rolda de prensa este xoves a concelleira María Rozas.
O Programa Minerva diríxese de maneira prioritaria "aos colectivos vulnerables e con maiores dificultades de inserción laboral", unha situación que afecta maioritariamente o colectivo feminino, os parados de longa duración, os inmigrantes, as persoas con discapacidades e os menores de 30 anos.
O Concello propón este ano unha sesentena de itinerarios, dos que dous xa comezaron estes últimos días: Actividades loxísticas de almacén, que se desenvolverá ata finais de marzo, e Hixiene e atención domiciliaria sanitaria, que rematará o 14 de abril. O seguinte intinerario en poñerse en marcha vai ser Edición de videos con After Effects, para o que segundo informan dende Raxoi aínda hai prazas dispoñibles e a inscrición pode facerse a través da web municipal.
Formación específica e prácticas profesionais
Este total de 60 itinerarios formativos do programa inclúen "formación específica, prácticas profesionais titorizadas, formación transversal e formación complementaria". A edil de emprego apuntou en rolda de prensa que “respondendo ás necesidades do mercado laboral, a maioría dos itinerarios, preto de 40, están relacionados co sector dixital e das TIC, e atenden a disciplinas como a intelixencia artificial, a realidade aumentada, a creación de videoxogos ou o desenvolvemento de webs”.
Ademais, o Programa Minerva atende determinados sectores produtivos con dificultades para atopar persoal, a través de itinerarios relacionados coa construción, como os de albanelería ou pintura; o comercio, con formación en oficios "que non teñen relevo xeracional como o de carniceiro"; ou a atención á dependencia, como a atención sanitaria domiciliaria ou coidado das persoas maiores.
Requirimentos e prazas
Para inscribirse nas accións formativas do Programa Minerva é preciso estar en situación de ser demandante de emprego, con preferencia de integrar algún dos colectivos prioritarios (mulleres, parados de longa duración, inmigrantes, persoas con discapacidade e menores de 30 anos).
En cada un dos itinerarios vanse poder formar un total de 16 alumnos, que teñen dereito a unha bolsa de formación fixada por uns requerimentos de renda. Trátase dunha axuda que pode rondar os 300 euros, dependendo da duración da actividade -fixada entre as 134 e as 384 horas-. Cada semana vanse impartir 25 horas de formación, de modo que os itinerarios poden durar entre un e dous meses.
A formación compleméntase con prácticas profesionais titorizadas en empresas de cada sector contido neses 60 itinerarios.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”