En España
A USC, terceira universidade en obtención de axudas posdoutorais
Na institución compostelá desenvolveranse oito proxectos

Imaxe de arquivo dun laboratorio da USC / Cedida
A USC sitúase como a terceira das universidades do Estado e primeira de Galicia en número de proxectos aprobados na convocatoria de axudas posdoutorais Marie-Sklodowska Curie do Programa Marco da UE, por detrás da Universitat Pompeu Fabra que obtivo doce axudas, e da Universitat de Barcelona, con dez. En concreto, na institución compostelá desenvolveranse oito proxectos, cinco dos cales pertencen ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) e tres ao Centro de Investigación Interdisciplinario en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS).
A USC presentou nesta convocatoria 2025 un total de 50 propostas, das cales recibirá financiamento o 16%. Ademais, cómpre salientar que outras 29 propostas —58% do total presentado pola USC— recibiron o chamado ‘Selo de Excelencia’ do programa pola súa calidade, malia non recibir finalmente apoio económico.
«Fortalecer e potenciar a investigación de excelencia universitaria»
Tanto CiQUS como CRETUS pertencen á Rede CIGUS, superestrutura promovida pola Xunta de Galicia para «fortalecer e potenciar a investigación de excelencia universitaria e actuar como motor de progreso da comunidade», e están co financiados pola Unión Europea a través do Programa Galicia FEDER 2021.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Llegamos a tener más de 2.000 pares de zapatos»
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- La mediación para el convenio del transporte de viajeros se cierra sin acuerdo
- Santiago suspende por un año la conversión de edificios enteros en apartamentos turísticos entre las críticas de la oposición