Mes rosaliano
Unha cunca de Caldo de Gloria para "poñer en valor o noso patrimonio gastronómico"
Compostela únese á celebración do Mes de Rosalía con 40 establecementos hostaleiros que darán unha degustación deste "prato humilde" dende o 20 ao 23 de febreiro

Míriam Louzao, José Quintáns (servindo o caldo), Lois Lopes e Anxo Angueira / Antonio Hernández

"Como ben di o poema de Rosalía -en 'Miña casiña, meu lar-', é un caldo humilde, con verzas, un cacho de unto e un par de osos, non tiña outra cousa para facer o caldo" a muller que protagoniza os versos. Falaba así José Quintáns, profesor do CIFP Lamas de Abade, mentres servía nunhas cuncas unha proba do Caldo de Gloria co que dende este venres até o luns 23, unha corentena de establecementos hostaleiros da cidade se unen á celebración do Día de Rosalía.
"O máis relevante de todo isto é poñer en valor unha receita que é patrimonio noso, cultural e gastronómico, do noso país, e facer promoción desta receita que nos identifica", concluía Quintáns na presentación desta nova edición do Caldo de Gloria, que tivo lugar no centro de FP e onde estivo acompañado pola concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, o presidente de hostalaria.gal, Lois Lopes, e o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira.
O presidente de hostalaria.gal celebrou o éxito da convocatoria a participar da degustación do Caldo de Gloria, "unha iniciativa que, a pesar de que non é a mellor época para a hostalaría dado que hai moita xente que pecha por descanso nesta tempada, e sobre todo este ano que cadrou xusto despois do Entroido, sobre 40 establecementos súmanse á iniciativa de dar unha degustación deste caldo á súa clientela entre este venres o luns 23".
"Esa muller do poema representa a tantas que con ese esforzo, moitas veces invisible, non só se alimentaron e foron felices, senón que nos alimentaron a nós e nos fixeron felices".
Angueira agradeceu a participación de Compostela, con eses 40 locais, e explicou que dende a fundación se repartirán 75.000 manteis e carteis, en restaurantes, centros escolares e mesmo fábricas (no Concello de Padrón) e engadiu que non só en Galicia se celebra a Rosalía con este Caldo de Gloria, senón tamén noutros moitos lugares grazas á colaboración dos centros galegos.
O presidente da Fundación Rosalía destacou na súa intervención non só a celebración de Rosalía "e da nosa tradición gastronómica" senón tamén a desa muller que protagoniza o poema e que "representa a tantas que con ese esforzo, moitas veces invisible para a sociedade, porque é doméstico e aínda que diario, invisible", e reivindicou que "grazas a ese esforzo non só se alimentaron e foron felices, senón que nos alimentaron a nós e nos fixeron felices".

Na presentación no CIFP Lamas de Abade degustouse o Caldo de Gloria / Antonio Hernández
Máis de 100.000 manteis
A eses máis de 75.000 manteis dos que falaba o poeta Anxo Angueira, a edil de Turismo, sumou os 42.000 cos que colabora o Concello de Santiago repartíndoo entre os locais de hostalaría, pero tamén nos comedores universitarios da USC que este ano se suman á iniciativa, ofertando o Caldo de Gloria nos seus menús do día 23, nos 13 centros públicos de Compostela e nas tres escolas unitarias do rural.
Sobre estas incorporacións de colexios e facultades á iniciativa do Caldo de Gloria Míriam Louzao explicou que "nos parece moi relevante que, especialmente, a mocidade e a cativada, que tamén van traballar arredor de Rosalía nos centros nestes días, coñezan a historia e o poema e poidamos seguir difundido a figura da nosa poeta nacional entre a xente máis nova".
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”