Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Crise na rede de centros socioculturais

Abal reclama que Raxoi asuma a xestión directa dos centros socioculturais

A socialista critica que a situación actual do servizo «evidencia o fracaso na xestión do Goberno Bipartito»

Marta Abal, durante a celebración dun pleno do Concello de Santiago

Marta Abal, durante a celebración dun pleno do Concello de Santiago / Cedida

Santiago

O Grupo Municipal Socialista defenderá no pleno ordinario deste mes unha iniciativa para que o Concello asuma directamente a xestión do Servizo de Animación e Dinamización dos Centros Socioculturais (CSC) no caso de que a actual licitación quede deserta, unha situación que, ao seu xuízo, «evidencia o fracaso na xestión do Goberno Bipartito». Así o expresou a concelleira Marta Abal, quen explicou que o obxectivo desta medida sería «garantir os dereitos das persoas usuarias e das traballadoras e traballadores do servizo».

A edil subliñou que esta vía non é unha improvisación, xa que «é posible e hai antecedentes recentes», polo que considera que neste momento «fai falta valentía política e decisión» para actuar e desbloquear unha situación que cualificou de «límite». A proposta socialista chega mentres se agarda resposta da segunda empresa do concurso sobre a súa capacidade de cumprir cos requirimentos para asumir o servizo despois da renuncia da primeira adxudicataria.

Situación «dramática»

A concelleira asegurou que «a situación que se está a vivir nos Centros Socioculturais é dramática» e advertiu de que Santiago está «no peor momento da súa historia», responsabilizando directamente ao executivo local de que «con cada decisión que adopta o Goberno Bipartito do Bloque Nacionalista Galego e de Compostela Aberta a situación aínda vai a peor».

Tracking Pixel Contents