A Academia Xacobea súmase á preparación do Ano Santo
Durante o curso que se inicia se programarán Encontros Internacionais, sesións científicas e se realizarán publicacións

Acto de inauguración do novo curso da Academia Xacobea, onte no Pazo de Fonseca / Cedida
Académicos e autoridades asistiron onte á sesión de inauguración do curso 2026 da Academia Xacobea, que se celebrou no Salón Nobre do Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela. Dende alí o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, destacou o papel clave desta institución na preparación do próximo Ano Santo 2027.
Trala apertura do acto, a cargo do presidente da Academia, Marcelino Agís Villaverde, a secretaria xeral da Academia, Milagros Otero Parga, leu a memoria de actividades do ano 2025, celebradas tanto en Santiago como noutras cidades galegas. O pracer de falar abre camiños foi o título elixido pola académica Pilar Falcón Osorio, presidenta do Club de Periodistas de Madrid, para o discurso inaugural. Pilar Falcón salientou que o Camiño activa tres funcións retóricas fundamentais: a función narrativa onde cada peregrino constrúe un relato propio; a función comunitaria porque a palabra crea vínculos espontáneos; e a función simbólica xa que a experiencia convértese en significado. O Camiño, engadiu, é un espazo retórico no que a natureza fala. Non con palabras, senón cunha música telúrica que pon ritmo a cada paso.
De xeito sucinto, o presidente da Academia describiu no seu discurso as liñas programáticas deste ano 2026 no que aparecerán varias publicacións de referencia e se manterán os cursos Encontros Internacionais e sesións científicas que promove a Academia. No 2026 tomarán posesión un conxunto de académicos de número, de honra e correspondentes.
O director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, animou a Academia Xacobea a sumar forzas con todas as entidades culturais, educativas, relixiosas e institucionais que conformarán un amplo programa de actividades para encher o próximo Xacobeo 2027. Por último, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel A. Santalices, subliñou a importancia do Camiño de Santiago e da peregrinación como «sinal de identidade da nosa cultura». «Un espazo aberto a convivencia entre as persoas de calquera procedencia e condición que sitúa a Santiago e a Galicia no mapamundi», indicou.n
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja