Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Conferencia sobre Palestina na USC: Que facer hoxe en Santiago?

Charla en Filosofía sobre Palestina

Charla en Filosofía sobre Palestina / Amnistía Internacional

Santiago de Compostela

Charla en Filosofía sobre Palestina

Palestina, a violencia que non cesa é o título da conferencia que ás 19 horas vai ter lugar na Factulade de Filosofía da USC e que vai contar coa presenza de Raquel Martí, directora executiva de UNRWA (a axencia da ONU para os refuxiados de Palestina en Oriente próximo). A masacre de Gaza e as consecuencias da ocupación israelí en Cisxordania protagonizan esta sesión que vai moderar o xornalista de EL CORREO GALLEGO, Ángel Martínez.

Comeza a XIII Semana Cultural San Rosendo no Seminario Menor

Entre hoxe e o venres o Seminario Menor da Asunción celebra unha nova edición, e van 13, da Semana Cultural San Rosendo. Un dos primeiros actos desta xornadas está protagonizado pola Cadena COPE, que emite dende o colexio este luns. O martes o alumnado viaxa ao Mosteiro de Carboeiro e alí tamén coñecerá as minas de volframio e empresas gandeiras e queixeiras, ademais do Museo do Mel. O mércores, o Seminario acolle unha charla de ourivaría pronunciada por Ricardo de la Iglesia e Susi Gesto, e amenízase a o día con xogos tradicionais. A XIII Semana Cultural San Rosendo complétase o xoves cunha conferencia arredor de Ramón Otero Pedrayo, de cuxo pasamento se cumpre este ano o 50 cabodano. Sobre a súa figura falará o presidente da fundación que leva o nome do homenaxeado, Eduardo López. E a clausura da semana cultural é o venres coa ximnasta Melania Rodríguez e a organización dunha xincana.

Comeza a XIII Semana Cultural San Rosendo no Seminario Menor

Comeza a XIII Semana Cultural San Rosendo no Seminario Menor / Cedida

A Casa da Troia no cine: charla nos Luns do Ateneo con Emilio García

O Ateneo de Santiago acolle neste Luns do Ateneo, ás 19.30 horas, a conferencia O grande empeño cinematográfico de Alejandro Pérez Lugín: A Casa da Troia (1925). Unha sesión que está a cargo de Emilio Carlos García Fernández, catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade Complutense de Madrid. Na súa intervención, o catedrático vai afondar no contexto e na relevancia do proxecto de Pérez Lujín, cuxa adaptación da obra literaria constitúe «un esforzo singular por trasladar á pantalla grande o universo estudantil e urbano da cidade, nun momento clave para a consolidación da linguaxe cinematográfica». O poñente está, ademais, vinculado ao cinema dende a súa infancia.

Emilio García, catedrático de comunicación audiovisual na UCM.

Emilio García, catedrático de comunicación audiovisual na UCM. / Cedida

Perspectiva histórica sobre o Sáhara en Historia

O profesor xubilado da USC Santiago Jiménez e a activista Souadou Mohamed Fadel ofrecen hoxe, ás 11.30 horas, na Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia, a charla A cuestión do Sáhara en perspectiva histórica’, unha actividade aberta a todo o público.

Tracking Pixel Contents