Reunión con Ferusa
Raxoi compromete 1,2 millóns de euros para proxectos no rural
O Concello inicia obras para ampliar a rede de abastecemento na parroquia de Marantes

Goretti Sanmartín, nunha reunión con Ferusa. / Cedida
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu unha reunión coa Federación de Asociacións de Rural de Santiago (Ferusa) para dar a coñecer os proxectos que o Concello ten previstos para este ano no rural compostelán, na que tamén participaron a concelleira de Rural, Pilar Lueiro, e o de Obras, Xesús Domínguez. Neste encontro, Raxoi trasladou que ten investimentos previstos no 2026 que suman máis de 1,2 millóns de euros, para alén doutras actuacións en marcha. Recolléronse tamén as suxestións sobre as tarefas de mantemento previstas para os meses de primavera e verán.
O goberno local, en cumprimento do Pacto polo Rural, manifestou o seu compromiso coa dotación de servizos, reforzando a oferta de actividades nos centros socioculturais, a mellora dos espazos nas escolas infantís ou impulsando a prestación do servizo de comedor para as crianzas.
Obra en Marantes
Ademais, esta semana Pilar Lueiro desprazouse á parroquia de Marantes para informar sobre o inicio da obra que dotará de rede de abastecemento os lugares de A Torre e Agualada. A concelleira sinalou que «estamos perante unha das obras máis importantes do rural de Compostela destes anos cun importante orzamento».
A actuación implica unha ampliación de case catro quilómetros da rede de abastecemento e permitirá a conexión de preto de 70 vivendas e outras parcelas urbanizables. O orzamento da obra supera os 800.000 euros e comezará a súa execución nas próximas semanas, cun prazo estimado de catro meses. Na mesma parroquia, o Concello tamén executará a obra para a construción dunha senda peonil en Cortos, polo que o investimento total na parroquia este ano é superior a un millón.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal