Xunta de Goberno
Raxoi dá luz verde ao cambio no proxecto das obras de García Lorca
O Concello viuse obrigado a paralizar os traballos pola aparición dunha tubaxe de fibrocemento

Obras de reurbanización da rúa García Lorca, en Santiago / Antonio Hernández

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago deu onte luz verde á redacción do modificado do proxecto de execución das obras da Rúa García Lorca. Este paso era necesario para retirar unha tubaxe de fibrocemento con formigón da canalización do alumeado público e poder continuar coa execución dos traballos.
Iniciada a comezos de setembro e dotada cun orzamento superior a 1 millón de euros, a reurbanización desta rúa tivo que paralizarse logo das vacacións de Nadal pola aparición desta tubaxe, que inicialmente non foi detectada. Unha vez que se resolva este imprevisto, retomaranse as actuacións.
Atención ao público nos centros socioculturais
Por outra banda, o goberno municipal tamén autorizou unha orde de continuidade do servizo de atención ao público dos Centros Socioculturais, a cargo da empresa Norintegra. O novo contrato está en fase de licitación coa incógnita de quen se fará cargo do lote principal, o de dinamización e mediación, despois da renuncia da adxudicataria. Na atención ao público, a propia Norintegra obtivo a mellor puntuación entre as ofertas presentadas.
Documentación do proxecto Entre Sar e Sarela
Ademais, o goberno local tomou coñcemento da ampliación do prazo para xustificar as obras do proxecto Entre Sar e Sarela ata o 31 de marzo. Logo de non obter unha prórroga para rematar as propias obras e evitar a perda de fondos europeos, Raxoi si terá máis tempo para achegar documentación.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”