Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Petición das familias

Raxoi avalía a solicitude para abrir as aulas de xogo do Centro Sociocultural de Fontiñas

O Concello recibiu a petición das familias, que buscan favorecer a conciliación

Entrada do Centro Sociocultural de Fontiñas, en Santiago

Entrada do Centro Sociocultural de Fontiñas, en Santiago / Jesús Prieto

Santiago

O goberno local de Santiago estuda a solicitude das familias usuarias e dun animador do Centro Sociocultural de Fontiñas para reabrir as aulas de xogo tres días á semana tras a suspensión das actividades pola rescisión do contrato coa empresa que xestionaba o servizo e pola folga do persoal.

O Concello deber ser «garantista»

Fontes do departamento que dirixe Xan Duro explican que responderán a esta petición, que procura favorecer a conciliación, «en base á normativa municipal vixente». Así, indican que «entendendo os perxuízos» causados pola situación, o Concello debe ser «garantista». Nesta liña, lembran todos os requisitos que se deben cumprir: presentar unha memoria, consentimento dos pais por tratarse de menores ou unha declaración responsable, entre outros.

Tracking Pixel Contents