Raxoi retoma a licitación do contrato de buses coa “satisfacción” de que o Tacgal desestimara os recursos
O goberno local levanta a suspensión para a presentación de ofertas nun procedemento que estará aberto até o 18 de marzo

Varios buses urbanos circulan pola Virxe da Cerca / Antonio Hernández

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, compareceu na mañá deste venres en rolda de prensa acompañada polo concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, para dar conta da resolución do Tacgal (Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia) en relación aos recursos presentados polas empresas concorrentes á licitación do contrato de transporte urbano da cidade.
Duro e Sanmartín non dubidaron en amosar a “satisfacción” do goberno local polas resolucións do Tacgal aos cinco recursos presentados por diversas empresas aos pregos para a licitación do contrato dos buses. Uns recursos que o concelleiro definiu como “previsibles” nunha concesión destas dimensións: 137 millóns de euros por 13 anos de servizo.
O edil de Compostela Aberta puxo o foco en que o Tacgal “inadmitiu” tres dos cinco recursos e os outros fous foron desestimados, dándolle a razón ao Concello en esixencias coma a “acreditación de ter prestado un servizo similar noutros territorios de máis de 70.000 habitantes”. Para Xan Duro, a resolución “avala o traballo feito” polo goberno local estudando outras sentenzas da ONE (Oficina Nacional de Evaluación) e do Tacgal, polo que aproveitou para “agradecer o traballo do persoal técnico” municipal.
O edil de Mobilidade aproveitou a rolda de prensa para recoñecer «enormemente o intensísimo traballo que fixo todo o persoal técnico implicado neste procedemento que non é só mobilidade, obviamente», recalcou para enumerar os departamentos municipais que traballaron para esta licitación, dende Tussa (a empresa municipal do transporte urbano) até intervención e contratación.
Duro afirmou que grazas ás horas de traballo deste persoal «temos uns pregos potentes, ben armados e estruturados». Un contrato de longa duración e importante contía económica «que non é menor», polo que este avance é «un paso moi importante para que Compostela teña o servizo de transporte que precisa e merece».
Agora Raxoi retoma o procedemento para a concesión deste contrato de transporte urbano, ampliando o praxo para a presentación de ofertas en oito días, os que estivo suspendido mentres o Tacgal non resolvía os recursos. Así, e no convencemento de que estas resolucións “avalan o traballo feito”, o prazo de presentación amplíase ata o 18 de marzo coa intención do goberno local de que poida chegar “a máxima concorrencia” de empresas licitadoras porque, segundo asegurou Xan Duro: “Non podemos volver a equivocarnos co transporte público”.
Procedemento rigoroso
«Esas cinco resolucións confirman a solidez do expediente» destacou a alcaldesa Goretti Sanmartín que enfatizou que isto «demostra que imos na liña adecuada». A rexedora lembrou que unha vez chegados eses recursos o goberno local decidiu suspender o procedemento «por prudencia, para ofrecer máis garantías e máis posibilidades a todas as empresas que se quixesen presentar, e unha vez que xa están resoltos os recursos, o próximo luns, levaremos á xunta do goberno a proposta de levantamento desta suspensión para reabrir o procedemento e ampliar o prazo para promover a máxima concorrencia» entre as empresas que queiran prestar este servizo.
Neste punto a rexedora asegurou que dende o goberno local, que mudou o modelo de contrato de transporte público de concesión a servizos, se actuou «con rigor, con transparencia, informando de cada paso que imos dando para garantir que o expediente conclúa con éxito e que poidamos dar un mellor servizo» o antes posible.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal