Borja Verea: «O motor económico de Santiago está gripando»
«A cidade perdeu preto de 100 comercios nos últimos meses e conta con 700 empresas menos que hai oito anos», sinala o líder do PP local

Borja Verea, co presidente de UPTA, Eduardo Abad. / Cedida
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, compareceu onte en rolda de prensa xunto co presidente de UPTA, Eduardo Abad, para presentar un Plan Municipal de Compensación Fiscal para Autónomos, unha proposta que ambas entidades comparten «punto por punto» e que «pretende dar resposta á situación crítica que atravesa o tecido económico da cidade».
Verea advertiu de que «existe unha realidade que non se pode ocultar», avalada polos datos, dixo: «Santiago perdeu preto de 100 comercios nos últimos meses e conta con 700 empresas menos que hai oito anos». A esta situación, engadiu, «súmase unha caída do 30% na ocupación turística no mes de xaneiro e o feito de que A Coruña superase a Santiago en número de visitantes por segundo mes consecutivo».
«O motor económico da cidade está gripando, e é responsabilidade de todos activar as alertas e traer solucións. Iso é o que estamos facendo», sinalou o líder popular, quen lembrou que «o PP leva semanas defendendo que o Concello debe asumir un papel activo no acompañamento aos autónomos, comercios e empresas, porque dispón de ferramentas suficientes para aliviar a súa situación».
Nese sentido, insistiu na necesidade de «crear unha ventá única ou oficina exprés que permita que calquera autónomo ou negocio teña unha atención prioritaria en todos os trámites municipais, reducindo tempos, burocracia e obstáculos administrativos que hoxe supoñen un freo adicional á actividade económica».
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”