Debate plenario
Ciclo integral da auga: Sanmartín vai contra a abstención do PP
Os populares apoiaron na comisión que o asunto se debatese no pleno pero na votación decidiron absterse e a concesión rexeitouse

O edil Xan Duro e a alcaldesa Goretti Sanmartín en rolda de prensa / Concello

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, compareceu este venres en rolda de prensa no Pazo de Raxoi para dar conta de diversos asuntos de actualidade, coma o contrato do transporte urbano ou dos Centros socioculturais, e aproveitou tamén para falar da proposición para que o contrato da auga fose concesión, como decidiu por maioría (PP e PSOE) a comisión especial para o seu ciclo integral.
Sanmartín criticou do Partido Popular e do seu voceiro en Raxoi, Borja Verea «como exerce a representación da veciñanza, impedindo calquera solución». Referíase así a rexedora á abstención do PP, que pola contra si votou na comisión especial da auga a favor de que se debatese no pleno o modelo de concesión, e non a xestión mixta que promovía o goberno.
A proposta saiu rexeitada cos votos a favor de PSOE e non adscritas (6 concelleiros), cos votos en contra do goberno local (6 edís do BNG e dous de Compostela Aberta) e 11 abstencións, as do Partido Popular. Para a alcaldesa «o PP sacou a careta» e «Verea só fala de si mesmo», en referencia ás palabras do propio voceiro popular que asegurou no debate que «cando sexa alcalde en 2027» licitara o contrato da auga como concesión.
A alcaldesa asegurou que o seu executivo «non imos permitir que usen todo para culpar o goberno» e recalcou que o seu equipo «non desistimos» na tarefa de sacar adiante este importante contrato, para mellorar unha rede obsoleta e que non abastece áreas do rural. «Non desistimos, nesta e noutras cuestións, de tomar iniciativas sempre co mesmo obxectivo de que este Concello funcione, que sexa un bo lugar para vivir».
Mentres, nas súa redes sociais, o edil Borja Verea afeáballe á rexedora que non tivese votado a favor da concesión que, pese a non ser o modelo defendido polo goberno, foi o que se levou a pleno. Se o BNG votase a favor da concesión, a medida tería sido aprobada con 12 votos a favor, dous en contra e 11 abstencións, as do PP.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Llegamos a tener más de 2.000 pares de zapatos»
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- La mediación para el convenio del transporte de viajeros se cierra sin acuerdo
- Santiago suspende por un año la conversión de edificios enteros en apartamentos turísticos entre las críticas de la oposición
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'