Licitación
Os Ventos asume o lote tres do contrato de xestión dos CSC
Só dúas empresas concorreron á licitación, Eulen foi a primeira concesionaria e rexeitou ratificar o contrato no último momento

Centro sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo / Jesús Prieto

Este venres cumpríase o prazo para que a segunda licitadora do contrato dos CSC (Centros socioculturais) asumise, ou non, a sinatura do novo contrato. Os Ventos, na liña do convencemento que tiñan a alcaldesa Goretti Sanmartín e o edil de CSC, Xan Duro, que comparecían en rolda de prensa, aceptou asumir esta responsabilidade, logo da renuncia «inxustificada e irresponsable», segundo o goberno local e parte da Corporación, de Eulen, a empresa que resultou adxudicataria.
Eulen gañou o concurso dun servizo que levaba meses funcionando en precario, con traballadores sen cobrar as súas nóminas –aqueles que dependían de Serviplus e aos que se lle adebedaban salarios dende outubro, nalgún caso–. Unha vez que renunciou á formalización do contrato, pese a que o goberno local retiña facturas de Serviplus que permitían compensar a débeda pendente, o executivo de Sanmartín decidiu suspender a actividade nos CSC e desempregar os traballadores até que non se resolvese a concesión, que agora aceptou Os Ventos.
Unha vez presentada a documentación requirida para asumir o contrato relativo ao Lote III no procedemento de licitación do servizo xestión dos CSC, «o persoal técnico avaliará a documentación recibida para continuar co procedemento de adxudicación», informaban dende Raxoi.
O edil de CSC, Xan Duro, remitiuse ás súas explicacións no pleno do xoves e a alcaldesa quixo deixar claro que «Eulen é unha empresa con músculo máis que suficiente para asumir este contrato, pero decidiu ser informal». Goretti Sanmartín recalcou que «este goberno traballou atendendo as demandas dos traballadores» e non deixou escapar a ocasión de transparentar a «vinculación de Eulen co PP» e de denunciar que a esta primeira concesionaria «rexeitou falar coa alcaldesa».
Agora será Os Ventos quen asuma a xestión dos Centros socioculturais, deberase saldar a débeda cos traballadores dos CSC e retomar as actividades que tamén quedaron en suspenso.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”