Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 3 de marzo, en Santiago?

Exposición ‘Se ruega silencio’

Exposición ‘Se ruega silencio’ / Cedida

Santiago

Últimos días da exposición ‘Se ruega silencio’

A galería Trinta (Virxe da Cerca, 24) acolle ata o 8 de marzo a exposición Se ruega silencio, na que Eduardo Gruber propón unha reflexión sobre o silencio, a escoita e a imaxinación como eixos do acto creativo. A mostra pode visitarse en horario de 12.30 a 14.30h e de 17.30 a 20.30h.

A Biblioteca Ánxel Casal

A Biblioteca Ánxel Casal / Cedida

Mostra bibliográfica sobre mulleres científicas na Biblioteca Ánxel Casal

EXPOSICIÓN. A Biblioteca Ánxel Casal ofrece desde hoxe unha mostra bibliográfica sobre mulleres científicas dirixida a público infantil. A exposición fai un percorrido polos achados e tamén os desafíos das mulleres científicas ao longo da historia. «As mulleres formaron parte do mundo da ciencia desde sempre, ás veces desde as marxes. Por iso queremos invitarvos a realizar esta viaxe coa axuda da nosa colección de libros infantís e xuvenís que conteñen vidas e obras de todas aquelas pioneiras que contribuíron a transformar o mundo a través dos diferentes campos científicos», sinalan. Pode visitarse ata o 31 de marzo no horario de apertura da biblioteca.

O cineasta Carlos Velo

O cineasta Carlos Velo / Cedida

O Ateneo pon o foco en Carlos Velo no peche do seu ciclo de cine

CINE. O Ateneo de Santiago celebra hoxe, ás 19.00 horas, na Rúa do Vilar, 19, a última sesión do II Ciclo Cinema galego do século XXI do Cineclub Ateneo. A clausura consistirá nunha sesión especial dedicada ao cineasta ourensán Carlos Velo, na que se proxectará a película Raíces (1953), dirixida por Benito Alazraki e con guión, entre outros, do propio Velo. A proxección contará coa presentación e comentario de Armando González, directivo da Fundación Carlos Velo, e de José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española e profesor emérito da USC. Raíces, rodada en escenarios como o val do Mezquital, Chiapas, Yucatán ou Veracruz, amosa o choque entre a modernidade e as comunidades indíxenas mexicanas. Velo desenvolveu unha traxectoria fundamental no documental e no cinema cultural, tanto na etapa republicana como no exilio mexicano, e esta sesión permitirá revisitar a súa figura e reivindicar o seu legado internacional.

Dobre cita co jazz no Momo e na Borriquita

CONCERTOS. Dous locais programan este martes jazz en directo. No Momo ás 20.00 horas haberá concerto do dúo formado por Arturo Fernández (saxo) e Álex Alonso (piano). A asistencia é con entrada inversa cunha aportación mínima de 3 euros. Pola súa banda, a Borriquita de Belem conta cunha nova actuación do ciclo Agustito, nesta ocasión da man de Sunil López (piano) e Toño Otero (saxo e voz). Será ás 21.30 horas con entradas por 7 euros.

Tracking Pixel Contents