Begoña Caamaño como figura vehicular
Campaña do 8M en Santiago: tecer redes feministas para non dar “nin un paso atrás” nos dereitos conseguidos
A alcaldesa Sanmartín presenta un intenso e estenso programa de actividades para conmemorar o Día das Mulleres con Begoña Caamaño como figura vehicular

Campaña do 8M en Santiago: tecer redes feministas para non dar “nin un paso atrás” nos dereitos conseguidos / Concello

Compostela prepárase un ano máis para tomar as rúas no nome da reivindicación feminista de cara á conmemoración do 8M, Día das Mulleres. Tamén dende o Pazo de Raxoi se celebra este día cun extenso e intenso programa que se guía baixo o lema ‘Tecer redes. Escribir o futuro’ e propón como figura vehicular a da escritora, xornalista e activista do feminismo Begoña Caamaño, homenaxeada este ano no Día das Letras.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou este martes o calendario de actividades e a intencionalidade das mesmas: “Tecer redes, insistindo na idea de sororidade presente na obra de Begoña Caamaño, para facer fronte á involución e non dar nin un paso atrás nos dereitos conseguidos”. Sanmartín explicou tamén o sentido de ‘Escribir o futuro’ como “reivindicación da palabra, ferramenta de transformación social”. Neste sentixo boa parte das actividades que se van desenvolver na Casa Xohana Torres e nos Centros socioculturais (CSC) teñen a obra de Caamaño como elemento central.
Actos institucionais
A semana de reivindicación do 8M bota a andar este venres 6 no Pazo de Raxoi, coa lectura da Declaración institucional votada no último pleno pola Corporación local e co anuncio das obras gañadoras da última edición dos Premios Xohana Torres.
Ademais, para non colisionar coas mobilizacións do 8 de marzo, o recoñecemento institucional ‘Mulleres de Compostela’, que pon en valor o traballo de oito compostelás (dez desta volta, por un premio a tres actrices) en áreas que van dende a cultura á sanidade, pasando polas ciencias sociais, o comercio ou o traballo asociativo vai ter lugar o luns 9 de marzo. A gala pública para este emotivo recoñecemento vaise desenvolver no Teatro Principal da cidade a partir das 19 horas.

Emma Sánchez Arca
Escribir, pintar, tecer, dialogar
Tres grandes actividades vanse desenvolver dende o vindeiro día 5 estendéndose até abril: escrita creativa, un diálogo colectivo que dará na realización dun mural e a configuración dunha rede de tea comunitaria. Todo con Begoña Caamaño, a súa obra e a súa idea de “entender o feminismo coma a gran loita de transformación social” como elementos centrais.
Ánxela Lema e Sara Villar serán as encargadas de guiar o obradoiro de escrita creativa, “con revisión de relatos e relecturas críticas” dos textos de Caamaño como unha “continuación da súa propia obra”. A actividade (cuxo formulario é público na web municipal e do CIM, Centro Integral de Atención á Muller, Compostela) terá lugar en dúas quendas: os día 10, 17 e 24 de marzo, de 18 a 20 horas, no CSC Maruxa e Coralia; e os días 7, 14 e 21 de abril, de 17.30 a 19.30 horas no Centro sociocultural do Ensanche.
‘Encontros que pintan o futuro’ é o título da actividade que dende o diálogo sobre a obra de Caamaño derivará na creación colectiva dun mural. Baixo a guía da profesora María Rúa e da ilustradora Irene Sanjuan, desenvolverase este taller na Casa Xohana Torres o día 12 de marzo, de 18 a 20 horas.
A terceira gran actividade consiste na escrita de versos, ideas, reivindicacións… en teas que no final do proceso constituirán unha rede colectiva que se vai expor no parque Begoña Caamaño, no barrio das Fontiñas. Para participar cómpre achegarse entre o 5 e o 12 de marzo aos CSC de Conxo, Fontiñas, Maruxa e Coralia ou Laraño; ou do 13 ao 19 de marzo nos centros de Santa Marta, Castiñeiriño, Vite ou Lavacolla.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja