Semana das Artes e das Ciencias no IES de Sar
Diego Anido explica no IES de Sar o valor de «atreverse» na escena
O instituto de Sar afronta até o vindeiro xoves unha nova Semana das Artes e das Ciencias e faino, na xornada inaugural, entre outros, cun dos protagonistas de ‘As bestas’, que explica a súa chegada aos mundos do teatro e do cinema.

O actor Diego Anido participou na xornada inaugural da Semana das Artes e das Ciencias de Sar / Antonio Hernández

O alumnado do IES de Sar afronta dende este luns unha nova Semana das Artes e das Ciencias. Unhas xornadas con charlas e actividades para ESO e Bacharelato que achegan o estudantado do instituto a disciplinas científicas e artísticas da man de profesionais coma o actor Diego Anido (nomeado aos Premios Goya polo seu papel en As bestas), que pechou as actividades da primeira xeira nunha sorte de charla improvisada sobre a súa traxectoria profesional, especialmente centrada no teatro.
«Voume esforzar en falar en galego, porque creo que é o normal», así comezaba Anido a súa intervención, declarándose neofalante e centrando a arenga na súa chegada ás táboas, antes que ao cine, e partindo do «fracaso escolar» que el asegura que viviu, ao tempo que animou o alumnado de 4º da ESO do IES de Sar a «non copiarme» neste senso.

Anido fixo música cunhas copas que garda na funda dun bombardino / Antonio Hernández
O actor fixo un percorrido polos seus inicios nas artes escénicas e xa antes, como «camareiro, pizzeiro, masaxista». Anido, picheleiro (Compostela, 1976), comezou a estudar en Espazo Aberto, e logo da súa primeira montaxe Paperboy continuou estudos en Barcelona. El alemán, Cascuda, Symon Pédícri e O deus do pop e os seus procesos creativos servíronlle o autor para perfilar a súa chegada ao mundo da escena, así como, definir as horas de ensaio e as probas de diferentes cousas «ata que unha funciona».
Así, ademais de contar as súas vivencias en Barcelona, Anido relatou como pasou 24 horas no metro sen saír á superficie, na busca dunha historia, de onde saiu Cascudas ou tamén como ideou unha «biografía inventada» de Michael Jackson, que mesturou con partes da propia biografía para levar a escena O deus do pop.
Pero o máis interesante non era tanto o currículo coma os procesos que foi descubrindo ou atopando con cada espectáculo e que non dubidou en representar na Biblioteca do IES de Sar. Así, Anido xogou cun xornal e fixo música coas cadeiras do alumnado, cantaruxando ao ritmo da nota xurdida ao arrastrala nunha mestura de himno galego e estadounidense. E tamén sacou son a unhas copas, parte do espectáculo O deus do pop, estreado cando faleceu a súa nai, á que dedicou ese show.
O programa
A Semana das Artes e das Ciencias no IES de Sar ten varias saídas aos cines Numax e ao Auditorio e ten tamén charlas coma a de Óscar Corral (Premio Ortega y Gasset de Fotografía) ou de ex alumnas do propio instituto, coma Sandra Zarco e Candela Martínez, que foron este luns a falar sobre interpretación.
Para este martes hai conversas sobre «tesoiras moleculares» e tamén sobre a ditadura, coa escritora Montse Fajardo. Tamén haberá un momento para a ilustración con Rosalía Morlán e para a música, da man de Adrián Costa (Los reyes del KO). O mércores, banda deseñada con Xosé Tomás, poesía con Baldo Ramos e divulgación científica con Nacho Rodríguez e Eva Cernadas. O xoves clausúrase a semana con conferencias sobre Leonardo Da Vinci e un obradoiro de escrita con Miguel Giadás.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”