Conflito laboral
A CIG levará aos tribunais o convenio de eficacia limitada no transporte
O acordo foi asinado por UGT pero rexeitado por CCOO, pola central nacionalista e polo 70 % dos traballadores

Un autobús en Santiago nas rúas de Santiago / Antonio Hernández
As asembleas do persoal do transporte de persoas por estrada celebradas na noite do luns na Coruña, Compostela e Ferrol aprobaron por unanimidade a proposta da CIG de impugnar na vía xudicial o convenio de eficacia limitada asinado entre a patronal e UGT, "polas múltiples irregularidades cometidas no proceso de mediación", sinala a central nacionalista nun comunicado.
O persoal considera, ao igual que a CIG, que este pacto constitúe "unha fraude" porque se asinou cando a mediación aínda estaba aberta, porque "se vulnerou a liberdade sindical ao non intentar nunca unha negociación coa totalidade da mesa", senón só coa UGT, e porque supón "un ataque directo ás expectativas das traballadoras e traballadores de acadar un convenio digno e estatutario, ao impórselle un texto que foi rexeitado en referendo polo 70% do colectivo en votación".
A CIG ve "mala fe"
Para, Ernesto López Rei, representante da CIG na mesa de negociación, "a mala fe coa que actuaron UGT e a patronal nesta mediación manifesta que para ambas organizacións impor un convenio de eficacia limitada era un fin en si propio e non o resultado da negociación".
"O normal é intentar unha negociación con toda a mesa e tentar acadar un convenio de eficacia xeral", valora. López Rei incide en que "estamos ante un atentado á liberdade, mais tamén ante unha falta de respecto ao Consello Galego de Relacións Laborais e á súa función mediadora".
Xa preparan as accións xudiciais
A CIG, que acusa de "traizón" a UGT e á patronal de tentar deixalos "á marxe" da negociación, asegura que xa está preparando a impugnación xudicial deste pacto e porá en marcha "todas as accións legais e sindicais precisas para que a negociación do próximo convenio colectivo se desenvolva con todas as garantías, para reverter os recortes, avanzar na mellora das condicións de traballo e conquistar novos dereitos para o sector".
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas