Eleccións ao Reitorado
Rosa Crujeiras propón a un exdeputado autonómico como xerente da USC
Se gaña as eleccións ao Reiterado incorporará a Juan Díaz Villoslada, que foi parlamentario do PSdeG e actualmente exerce como xefe do servizo de Tesourería do Concello da Coruña

Juan Díaz Villoslada, a proposta de Rosa Crujeiras como xerente da USC / LCO
A candidata a reitora da USC, Rosa Crujeiras, presentou este mércores as persoas que proporá para ocupar a xerencia e a secretaría xeral da institución no caso de liderar o futuro goberno universitario. Para a xerencia conta con Juan Díaz Villoslada, que foi deputado no Parlamento de Galicia e concelleiro de Urbanismo da Coruña co PSdeG, formación que terminou abandonando para incorporarse a Sumar Galicia. Actualmente exerce o cargo de xefe do servizo de Tesourería do Concello herculino.
Crujeiras define a Villoslada como "un profesional cunha dilatada traxectoria na xestión pública, en particular na xerencia universitaria", xa que tamén foi xerente da Universidade da Coruña entre 2012 e 2016. Se a catedrática de Estadística gaña as eleccións, Villoslada estará acompañado por Emilio Martínez Rivas, técnico de xestión da USC. Para a secretaría xeral, Rosa Crujeiras propón a Alicia Villalba Sánchez, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
Dous grandes desafíos
Segundo explicou a candidata, o labor da xerencia centrarase en dous grandes desafíos: "o relevo xeracional e a simplificación administrativa, en coordinación con toda a nosa estrutura de xestión". Do equipo de xestión que propón destacou a súa "ilusión e gratitude" pola súa disposición a formar parte deste proxecto.
Con estas incorporacións, Crujeiras indica que busca conformar un equipo "sólido, experimentado e con coñecemento" para abordar os retos de futuro da USC.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo