Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Medio ambiente

O proxecto EcoBosque de Santiago publica novo podcast no Día da Vida Silvestre

A invitada é Marisa Castro, profesora da Uvigo e cofundadora da 'startup' MycoGalicia Plantae

Cartel do faladoiro dentro do proxecto EcoBosque impulsado polo Concello de Santiago.

Cartel do faladoiro dentro do proxecto EcoBosque impulsado polo Concello de Santiago. / Cedida

K.M.

Santiago

Coincidindo coa celebración este martes do Día Mundial da Vida Silvestre, o proxecto ecoBosque publica o cuarto episodio do seu podcast Faladoiro ecoBosque: Conversas sobre natureza, memoria e futuro do Río Sar, protagonizado pola profesora da Universidade de Vigo e cofundadora da startup MycoGalicia Plantae Marisa Castro.

Plantas medicinais e aromáticas

Neste capítulo da iniciativa impulsada polo Concello de Santiago e subvencionada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través da Fundación Biodiversidade, a tamén escritora, micóloga e autora de máis dun cento de traballos de investigación, así como de 25 libros de divulgación científica, propón unha conversa sobre a biodiversidade que medra no noso entorno, as plantas medicinais e aromáticas, os fungos que tecen redes invisibles baixo o chan e saberes transmitidos, moitas veces polas mulleres.

Xubilada despois de tres décadas como profesora, Castro comezou unha nova andadura como escritora, publicando en 2022 a novela A saga das curandeiras e en outubro do ano pasado a novela Soño de liberdade.

O obxectivo do proxecto EcoBosque de Santiago é mellorar e renaturalizar a contorna do río Sar, poñendo en valor un enclave de alto interese ambiental e histórico.

Tracking Pixel Contents