Campaña Municipal de Animación á Lectura
Última sesión de contacontos con música este sábado en Afundación
Será de balde, previa reserva
A iniciativa nesta edición está baseada nas gañadoras do XVIII Premio Compostela para Álbumes Ilustrados

Xosé Ballesteros, de Kalandraka, xunto a Arianna Squilloni, Goretti Sanmartín, Raquel Catalina Ledesma e Míriam Louzao. / Cedida
K.M.
A sede de Afundación en Santiago acollerá este sábado, ás 12:00 horas, a derradeira sesión de contacontos con música para escolares e actividades abertas ás familias, dentro da programación da Campaña Municipal de Animación á Lectura.
Será unha sesión especial de contos e música, a cargo de Paco Nogueiras, coa colaboración de En Lingua de Signos, de balde previa solicitude de reserva no departamento de Educación enviando un correo a reservaseducación@santiagodecompostela.gal.
Baixo o lema Ler para crecer, a XX Campaña Municipal de Animación á Lectura está organizada por Educación do Concello en colaboración con Kalandraka e con Afundación Santiago, onde se levan a cabo as actividades dirixidas ao alumnado de Infantil e Primaria, ao profesorado e ás familias.
Visitas matinais de escolares con contacontos
Nos últimos días desta iniciativa, as visitas matinais de escolares que participaron nas sesións de contacontos con música, realizadas por Paco Nogueiras, procedían dos centros CEIP Pío XII, CPR. Raiola, CPR La Salle, CEIP Monte dos Postes, CPR Divino Maestro, Escola rural de Gaioso Eixo, Escola rural Bispo Teodomiro, Escola rural Rial Laraño, CPR. Compañia de María, CEIP Roxos, Escola infantil San Roque, Escola infantil de Conxo, Escola infantil das Fontiñas. CPR. N. S. Remedios, C. Dolores Ramos, CEIP das Fontiñas. CEIP A. Casas Novoa e CEIP Raíña Fabiola.
Nesta edición, a campaña estivo baseada no traballo de Arianna Squilloni e Raquel Catalina Ledesma, gañadoras do XVIII Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, convocado polo departamento municipal de Educación e Kalandraka.
A iniciativa de animación á lectura en Santiago naceu no 2001 co obxectivo de achegar a lectura, a ilustración e a escritura ás nenas e nenos, dentro dun marco motivador e que favorecese a escoita, poñendo tamén en valor as creacións plásticas, literarias e musicais. Trátase de que o público infantil desenvolva unha conciencia crítica e selectiva das súas lecturas.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”