Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Empoderamento feminino

A concelleira María Rozas participa en Cabo Verde nas xornadas ‘As Elixidas’ sobre igualdade de xénero

Este segundo encontro, que se celebra en Praia os días 12 e 13 de marzo, debate o papel das mulleres no ámbito da política local

A primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, participa no encontro 'As elixidas' en Cabo Verde

A primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, participa no encontro 'As elixidas' en Cabo Verde / Jesús Prieto

Santiago

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, vai participar a próxima semana no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, un evento que reunirá a máis de 130 alcaldesas e concelleiras de Cabo Verde –onde ten lugar o encontro–, Mozambique e Galicia. Trátase dunhas xornadas organizadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde (ANMCV), baixo o lema ‘Electas no local, unha voz global’.

«A incorporación das mulleres á política local resulta clave para promover a igualdade de xénero», máis os datos oficiais revelan «un baixo grao de representación feminina en todos os ámbitos de decisión, tamén no eido municipal. Cómpre, por tanto, contribuír ao cumprimento da meta 5.5 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que chama a asegurar a participación plena e efectiva das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis decisorios na vida política, económica e pública».

E neste obxectivo é onde se enmarcan as xornadas ‘As elixidas’ que se van celebrar en Cabo Verde, onde ademais da representación de María Rozas como edil da Corporación local, estarán presentes as alcaldesas de Cangas, Muros, Oímbra, Ponteareas, Salceda de Caselas e Burela; e outras concelleiras de Ames, Arteixo, Burela, Malpica, Nigrán e San Sadurniño.

O Programa

Na primeira xornada do encontro, que se vai desenvolver os días 12 e 13 de marzo en Praia, a capital caboverdiana, presentarase a Rede de Mulleres Autarcas Caboverdianas nun acto no que María Rozas intervirá como representante do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, na súa calidade de membro da Comisión Executiva da asociación.

A apertura formal do II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’ correrá a cargo do presidente do Fondo Galego de Cooperación e alcalde de Nigrán, Juan González, e do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo.

A conferencia inaugural do encontro será As mulleres no poder, e vaise desenvolver da man da Ministra de Xustiza de Cabo Verde, Joana Rosa.

Tracking Pixel Contents