Axenda cultural: Víctor Manuel lidera unha xornada cargada de concertos

Víctor Manuel lidera unha xornada cargada de concertos / Cedida
Víctor Manuel lidera unha xornada cargada de concertos
Santiago moverase ao ritmo da música este sábado con ata nove concertos na cidade. O prato forte é a actuación de Víctor Manuel no Palacio de Congresos ás 21h. O cantautor presenta novo traballo con entradas desde 45 euros. Os amantes do hard rock teñen unha cita na sala Capitol cos suecos H.E.A.T., xunto aos murcianos Hitten a partir das 19.30h (38,50 euros).
A Gentalha do Pichel acolle a Noite Funesta, con catro grupos de black metal (Xerión, Dioivo, Fata Inferna e Corteza Inhumana) desde as 20h por 12 euros. O folk terá espazo na Casa das Crechas con Tres Pesos presentando o disco Cantares e Contares ás 20h (10 euros). Ás 20.30h na sala Sónar, actuación de Pataca Minuta (5,10 euros), mentres que a sala Moon recibe a Ona Mafalda ás 21.30h (12 euros). Ás 21.30h estarán Ferreirós & Muíño No Arume, e Tato & Gradín no Cum, ambos con entrada inversa. Por último a sala Fantástica propón rock galego desde as 22h con Mighnai Children por 7 euros.
José Sacristán chega ao Auditorio de Galicia con ‘El hijo de la cómica’
O Auditorio de Galicia acolle desde as 20.30h a representación de El hijo de la cómica, obra de José Sacristán na que o actor rende homenaxe ao seu amigo Fernando Fernán Gómez cun texto seu a partir de El tiempo amarillo, autobiografía do finado intérprete, dramaturgo e cineasta. Apenas quedan entradas, que poden adquirirse por 14 euros. Non será a única cita teatral do día, xa que Rafael Álvarez, El Brujo, estará no Teatro Compostela desde as 20h co espectáculo Autobiografía de un yogui (22 euros). No Teatro Principal, ás 19h o Grupo de Teatro da Sociedade Cultural Medulio de Ferrol interpreta Auto dos simulados da Caravilla, de Manuel María (retirada de entradas na Zona C). ECG

José Sacristán chega ao Auditorio de Galicia con ‘El hijo de la cómica’ / Cedida
Feira de Minerais en Área Central
O Outlet Área Central continúa hoxe e mañá cunha cita xa clásica na súa programación, a Feira de Minerais, que xa acumula doce edicións. Miles de minerais, fósiles, elementos decorativos e xoiería ocupan os correodores do centro comercial. Pode visitarse de 10.00 a 21.00 horas.

Feira de Minerais en Área Central / Cedida
Contacontos con Soledad Felloza
Soledad Felloza estará na Biblioteca Ánxel Casal desde as 12h con Bolboretas, un espectáculo de narración oral para público infantil e familiar no que as protagonistas son nenas e mulleres que escoitan o seu corazón e atrévense a cambiar o seu camiño. A través da voz de Laia e dun baúl cheo de recordos chegan contos cheos de imaxinación, humor e emoción. Será no salón de actos, con entrada libre ata completar a capacidade.
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche