Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CIRCO - DANZA

Paula Quintas representa 'Royal' en Santiago: «Gústame moito traballar nun espazo non convencional»

A bailarina e coreógrafa ourensá presenta este sábado na Casa de Máquinas (18 horas) ‘Royal’, un espectáculo cocreado co artista circense Arturo Cobas, cita con entrada gratuita

Arturo Cobas e Paula Quintas nun plano de ‘Royal’.

Arturo Cobas e Paula Quintas nun plano de ‘Royal’. / Cedida

Xabier Sanmartín

Xabier Sanmartín

Santiago

Bailarina e coreógrafa, Paula Quintas ofrece este sábado en Santiago (onde vive e traballa) un espectáculo chamado "Royal", cocreado co artista circense Arturo Cobas, cita con entrada na Casa de Máquinas (18 horas).

Artista de arame tenso

Como reparten as proporcións de humor, circo e danza, elementos que artellan "Royal", segundo di a sinopse?

"Royal" é un espectáculo con corte da liña danza-circo, que e a liña que eu levo na miña compañía (Paula Quintas Cia) e nesta ocasión me acompaña Arturo Cobas como intérprete, como compañeiro e tamén como autor da idea orixinal do proxecto, que destaca pola súa faceta de actor de teatro físico e é un excelente clown, e a idea é vincular todas estas capas artísticas e creativas para intentar xerar unha atmosfera que é "Royal", cunha imaxe moi evocadora que xere tamén unha reflexión no público.

Equipo

A música é obra de Xabi Mera e Nacho Muñoz, que outros elementos escénicos hai?

Hai unha serie de elementos que prefiro non desvelar pero si que eu, como parte do circo, eu me dedico a unha disciplina que é o arame tenso, comunmente tamén se pode entender como funambulismo, e intentamos traballar coa estrutura dun xeito un pouco distinto. Iso na parte do espazo escénico, despois está o espazo sonoro, con composición musical de Xabier Mera e Ignacio Muñoz e, baixo o meu punto de vista, é unha música exquisita e moi ben seleccionada con temas moi distintas, onde as atmosferas rítmicas levan o público a estados moi distintos. E na parte de asesoría estética, contamos co traballo de Ana Gesto.

Cobas e Quintas en 'Royal’.

Cobas e Quintas en 'Royal’. / Cedida

A Casa das Máquinas

O espectáculo vai facerse en A Casa das Máquinas, un novo espazo municipal que ten pouco que ver cunha praza o aire libre o un teatro como o Principal...

Eu , afortunadamente, xa traballei en bastantes ocasións na Casa das Máquinas e, eu como artista, gústame moito traballar nun espazo non convencional como é a Casa das Máquinas, porque, precisamente tes o público moi cerca e podes compartir desde a emoción. Unha caixa negra supón unha emoción distinta segundo o proxecto ou a casuística, pero en Royal, precisamente, si queremos que haxa esa relación, ese feedback , esa ida e vinda de información, que vai desde a parte escénica pero que sexa recíproca e o público tamén envía esa outra información de volta como a resposta. E a Casa das Máquinas ten esas condicións para poder traballar nesa neutralidade.

Despois de facer ‘Aurora Boreal (2025) e ‘Royal’, hai novos proxectos?

De cara a este 2026 e o que ainda poida vir neste ano, estamos cun proxecto que é unha conferencia bailada, que se chama "Croix". Xa empezamos a traballar no 2025 e fixemos unha primeira cápsula no FIOT de Carballo e outra no CulturGal de Pontevedra, e ten que ver co doutoramento que eu estou a realizar na Universidade de Vigo.

Tracking Pixel Contents