Recuperando a Maruja del Mazo
A xornalista Raquel C. Pico gaña o Xohana Torres coa ollada nos anos 20
A obra da santiaguesa, centrada na figura da actriz galega dos anos 20, foi finalista con 'Porfía, os traballos das mulleres no último século' e 'Historias de vidas. Mulleres de Compostela'

Raquel C. Pico, gañadora do Premio de Ensaio Xohana Torres / Jesús Prieto

No Salón Vermello de Raxoi fíxose público este venres o ensaio gañador do Premio Xohana Torres, que recaeu no traballo Na procura da primeira estrela galega, Maruja del Mazo e as mulleres do cine na Galicia dos anos 20, obra da xornalista compostelá Raquel C. Pico. Xunto a esta foron finalistas as obras Porfía, os traballos das mulleres galegas no último século e Historias de vidas. Mulleres de Compostela.
A gañadora, aproveitou a súa intervención na entrega do premio (2.500 euros e a publicación da obra) para falar de Maruja del Mazo, «unha de tantas mulleres esquecidas da historia de Galicia». Raquel C. Pico reivindicou a necesidade de «poñer en valor todas esas historias perdidas» e narrou que Del Mazo «era unha rapaza nova cando foi a primeira estrela galega dunha película feita en Galicia e que buscaba ser unha película galega».
Unha historia acontecida durante os anos 20, «un momento vibrante, no que se puxo de moda á rapaza moderna, que implicaba rachar coas ideas que viñan do pasado, abrir novas portas, traballar, aprender, bailar, porque elas tamén tiñan esta idea de liberación con festa e diversión».
No acto interveu tamén Sonia Rodríguez Boente, delegada do reitor da USC para a Igualdade, e membro do xurado, quen agradeceu “a cooperación e colaboración profunda do Concello” nesta materia e destacou a importancia de facer valer o lema do 8M de Nacións Unidas deste ano: ‘Dereitos. Xustiza. Acción.’ Lembrou tamén que proximamente a Universidade de Santiago terá unha reitora, por primeira vez na súa historia. “Aínda que haxa que esperar 530 anos, todo chega”, afirmou.
O acto pechouse cunha intervención da alcaldesa, que reafirmou o compromiso do Concello coa igualdade dende o traballo diario e co consenso de todos os grupos municipais. Goretti Sanmartín destacou tamén o reforzo da dirección do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e o traballo realizado por Teresa Furelos, xefe de servizo de Políticas Sociais.
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025