Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Depresión Sonora na Capitol e outras citas musicais

Depresión sonora

Depresión sonora / Cedida

Santiago de Compostela

Depresión Sonora na Capitol e outras citas musicais

Depresión Sonora, proxecto musical de Marcos Crespo, chega esta tarde á Sala Capitol. A cita, que tivo que cancelarse o 30 de xaneiro por unha operación de apendicite, é as 20.00 horas con entradas a 20 euros. Non é a única proposta musical da capital galega. As 18.00 horas no pub Momo sonará swing, bolero e jazz da man de Mr. Cool, todo un veterán da escena musical compostelá. Con entradas a tres euros, repetirá o resto de domingos de marzo. OUtra das citas musicais clásicas dos domingos é a actuación de Sumrrá na Casa das Crechas. Con entradas a 10 euros, a formación de jazz empezará a actuación ás 20.00 horas. En Bertamiráns, sesión vermú no Transistor con Pez Mago.

Cantajuego celebra os seus 20 anos no Auditorio de Galicia

CantaJuego, o fenómeno de música infantil que marcou a infancia de milleiros de nenos e nenas, cumpre 20 anos e celébrao cunha xira especial. Santiago de Compostela será unha das paradas desta celebración: o espectáculo terá lugar no Auditorio de Galicia hoxe, con dous pases, ás 12:30h e ás 17:00h. Este especial aniversario promete unir varias xeracións "nunha experiencia máxica, na que os seguidores poderán revivir momentos memorables con Puli, Ainhoa, Rodri e Eugenia, xunto aos entrañables amigos Coco, Pepe e Buby, que sempre os acompañan", indican os organizadores. O espectáculo homenaxea tanto aos fans de sempre como aos novos, celebrando dúas décadas de música, baile e diversión. Durante máis de 80 minutos, o público poderá gozar das cancións, coreografías e ritmos que marcaron a infancia de milleiros de nenos. As entradas xa están dispoñibles en ataquilla.com.

Cantajuego celebra os seus 20 anos no Auditorio de Galicia

Cantajuego celebra os seus 20 anos no Auditorio de Galicia / Cedida

Visita guiada a exposición ‘Internalities’ no CGAC

Ás 12 da mañá e sen que sexa preciso inscrición previa, o Centro Galego de Arte Contemporánea propón unha visita guiada polas súas exposicións. É unha ocasión perfecta para coñecer a mostra Internalities, deseñada orixinalmente para o Pavillón de España da 19.ª edición da Bienal de Arquitectura de Venecia.

Visita guiada a exposición ‘Internalities’ no CGAC

Visita guiada a exposición ‘Internalities’ no CGAC / Cedida

‘A Banda do Rock’ no Teatro Principal

As 12.00 horas no Teatro Principal a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, en colaboración con A Cova das Letras,ofrecerá un concerto para toda a familia. Con dirección de Casiano Mouriño Maquieira, interpretacións de Josito Porto e Cris Collazo e arranxos de Manu Paino, o espectáculo leva por título A Banda do Rock. A función terá unha duración de 60 minutos e o acceso é gratuíto pero as entradas están xa todas reservardas.

Tracking Pixel Contents